Noticias

Axudas de fomento de gratuidade por segundo fillo

SUBVENCIÓN FOMENTO DE GRATUIDADE POR SEGUNDO FILLO

ORDE do 30 de decembro polo que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede a súa convocatroia para os anos 2021 e 2022, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia.

 

Entidade: ASOCIACIÓN DE  INICIATIVA SOCIAL ABRENTE

Enderezo: POMBAL Nº 8 (ADINA)

36979 SANXENXO

PONTEVEDRA (ESPAÑA)

       

                                                                                     Axudas para a mellora da rede galega de escolas infantís

Escola infantil 0-3 Abrente dependente da entidad privada de iniciativa social Asociación de Iniciativa Social Abrente, percibe a subvención por parte da Consellería de Política Social

Axuda de fomento de gratuidade por segundo fillo

Orde 30/12/2020 (DOG 13/01/2021)

 

Temas:INFORMACIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:10/12/2021

ACTIVIDADES 1-2 ANOS - VERÁN 2021

A GRANXA

Este verán traballamos a granxa e os seus animais. No mes de xullo comezamos facendo a granxa e as súas vallas, non tardaron en chegar os animais, os primeiros foron os porcos seguidos das ovellas.

DIAS DE AUGA

Este verán o tempo non quixo acompañarnos, pero o pouco que tivemos disfrutamolo con xogos de auga o aire libre e piscina. Como chapoteamos

AGOSTO

Neste mes chegaron a nosa granxa os pitiños e as galiñas, tamén bailamos a ronda dos coellos e amasamos pasta de sal para o chaveiro de parrulo.

Rematando o verán  fixemos a nosa festa granxeira disfrazándonos de vaca “Lola”.

Act_xullo; Act_Ago; Act_auga

DATA DE PUBLICACIÓN:8/31/2021

ACTIVIDADES 0-1 ANO - VERÁN 2021

Este verán na aula de bebés fixemos un montón de actividades. Empezamos o mes de xullo sendo auténticos granxeiros coñecendo os animais  de granxa e xogando con eles e seguimos no mes de agosto coñecendo as froitas a través degustacións, estampacións, bolsas sensoriais e xogos entre outras actividades. Foi un verán moi divertido.

Act_1; Act_2; Act_3

DATA DE PUBLICACIÓN:8/27/2021

ACTIVIDADES AGOSTO 2 ANOS

Buzos

Enchemos unha botella con auga e dentro introducimos cunchas, pedras, area e o noso buzo. Desta forma parece que estamos buceando baixo o mar.

Caixas do mar

Pintamos unhas caixas de cor azul, lle pintamos con blanco a espuma do mar, pegámoslle trozos de papel verde coma se foran algas e por último lle pegamos peixes e cunchas. Quedounos unha caixa de mar preciosa!

Cangrexos

Cun plato de cartón e pintura vermella fixemos uns divertidos cangrexos.

A Medusa

Teñimos auga de cor azul nunhas tinas, colamos a auga e a metemos nun tarro para logo meter a nosa medusa e ver como nada.

Os nosos peixiños

Con triángulos, círculos e cadrados de moitas cores fixemos uns peixes do mais orixinais.

Día de piscina

Por fin puidemos ir a piscina! Chapoteamos e nadamos un montón, nos mollamos coa mangueira, mollamos aos nosos amigos e amigas cos cubos…. Que ben o pasamos!

Yellow submarine

Pintamos un gran submarino de cor amarelo para empregalo de photocall e cantar a canción dos Beatles.

Buz_A;Buz_D;Mar_D;Cang_A;Cang_D;Med_A;Med_D;Pe_D;Pis_A;Pis_D;Yell_A;Yell_D

DATA DE PUBLICACIÓN:8/25/2021

ACTIVIDADES XULLO 2 ANOS

Nome con cunchas

O primeiro paso foi pintar as cunchas; empregamos unha técnica moi divertida, metemos as cunchas con pintura nunha bolsa e axitamos! Despois fixemos un churro con arcilla e lle demos forma según a inicial do noso nome. Por último, pegamos as cunchas neste churro e o resultado foi ter a nosa inicial cunha decoración chulísima.

Trazo con cunchas

Empregamos as cunchas para facer cadrados, triángulos, círculos e liñas. Cada un de nós escolleu a figura que quería representar.

Xogos de auga

Como o tempo non estivo moi bo e non puidemos ir a piscina, fixemos xogos de auga na aula. Pasámolo xenial! E nada nos impediu empaparnos :)

Shark Postcard

Cun trozo de periódico e empregando diferentes técnicas con papeis azuis fixemos unha divertida postal de tiburón.

Find your Nemo

Pintamos un peixe de cor laranxa e logo lle pegamos a nosa cara para ter peixes personalizados. Logo plastificamos estes peixes para poñelos a nadar en tinas e así buscar e pescar o noso peixe.

Find_Dori; Cunchas_Almu; Cunchas_Dori; Tiburón_Dori; Trazo_Almu; Trazo_Dori; Xogos_Almu; Xogos_Dori

DATA DE PUBLICACIÓN:7/23/2021

ACTIVIDADES 2 ANOS

OBRADOIRO COR AMARELA

Colocamos multitude de obxectos de cor amarelo pola aula (telas, coches, pezas, libros, parafusos...) e deixamos que os nenos e nenas experimentaran libremente. Tamén fixemos un traballo onde empregamos diferentes técnicas de pintura empregando a cor amarela.

PROXECTO MEDIOAMBIENTE

Pedímoslles as familias que foran cos peques a buscar basura as praias para conciencialos acerca da contaminación do plástica nas nosas praias e no mar. Con toda esa basura que trouxeron fixemos un mural con peixes; estes peixes os fixemos empregando as mans e os pés dos nenos e nenas e logo todos xuntos colocamos todo no mural facendo dúas partes: a zona cos animais mariños contentos onde non hai basura e a zona dos animais tristes porque o mar está cheo de plástico.

OS BICHOS DE LYGIA CLARK

Para traballar o triángulo escollemos a obra “Bichos” de Lygia Clark. Pintamos triángulos de cartón con moitas cores, logo lles pegamos papeis para darlle un efecto metálico xa que a artista era como facía as súas esculturas e logo os pegamos para crear os nosos bichos.

MUSEO

Cos cadrados de Piet Mondrian e os triángulos de Lygia Clark comezou o “Museo Abrente”. Na entrada colocamos na cristaleira os cadrados de Piet Mondrian e colgados na ventá e polas columnas os bichos de Lygia Clark.

OBRADOIRO ESPAGUETIS

Démoslle aos nenos e nenas espaguetes duros e espaguetes cocidos para que experimentaran pintando con eles; puidemos traballar os contrarios “brando-duro”, traballamos a liña recta co espaguete duro e a liña curva co espaguete brando; puidemos facer triángulos e cadrados cos espaguetes duros e círculos cos espaguetes brandos.

OBRADOIRO LUCES

Baixamos persianas, apagamos as luces e experimentamos con lanternas, papeis de cores e figuras translúcidas.

Fotos_amarA; Fotos_amarD;Fotos_lygiaA; Fotos_lygiaD; Fotos_MuseoA; Fotos_museoD; Fotos_tallarA; Fotos_tallD;Fotos_lucesA;Fotos_lucesD; Fotos_proyA;Fotos_proyD

DATA DE PUBLICACIÓN:6/29/2021

ATENCIÓN TEMPERÁ - 5ª,6ª e 7ª SESIÓN

Rematamos este terceiro trimestre facendo puzzles de dúas pezas, asociación de cores e formas, traballando os conceptos dentro e fóra, grande e pequeno. Estimulamos a psicomotricidade grosa facendo circuitos nos que practicamos equilibrios, subidas e baixadas, gatexo… Tamén estimulación sensorial a través das luces, de sons o tacto…

Foi un ano diferente no que botamos de menos a presenza das familias, de tódolos xeitos os nen@s traballaron duramente, xogamos moito e pasámolo xenial. Grazas.

5ª_sesion; 6ª_sesion;7ª_sesion

DATA DE PUBLICACIÓN:6/29/2021

ACTIVIDADES 1-2 ANOS

Esta semana divertímonos coa cor amarela.Fixemos murais, uns enormes soles e experimentamos e manipulamos obxectos de diferentes texturas desa cor. Gracias ás familias que colaboraron traendo a aula todas as cousas da cor amarela que atoparon.

Durante o curso estivemos coñecendo a arte de Paul Klee. Representamos algunhas das súas obras e fixemos un museo onde as familias puideron disfrutar da nosa arte.

Fotos_amarelo; Fotos_arte

DATA DE PUBLICACIÓN:6/25/2021

ACTIV. 0-1 ANO

Este terceiro trimestre os nenos e nenas  da aula de bebés fixemos un montón de actividades moi divertidas, entre as que destacan o obradoiro de arte ao estilo de Arno Stern ^O xogo de pintar^, tamén participamos nun concurso de medio ambiente con elementos reciclados e traballamos a primavera entre outras cousas. Foi moi divertido.

Act_1; Act_2; Act_3

DATA DE PUBLICACIÓN:6/4/2021

Día da familia, degustación e máis

CADRADOS DE PIET MONDRIAN

Este trimestre, en arte, traballamos a Piet Mondrian; ó redor da súa obra experimentamos con cadrados representandoos con técnicas plásticas, experimentando con texturas e empregando os nosos xoguetes para facer creacións cadradas.

DEGUSTACIÓN Á CEGAS

Fixemos un obradoiro de degustación onde nos taparon os ollos para que adiviñásemos a froita que nos daban a probar. Foi moi divertido!

OBRADOIRO FAMILIA

Para celebrar o día da familia fixemos un 3 en raia para xogar todos xuntos. O xogo, a decoración mais as pezas teñen forma de cadrado xa que estamos traballando con esta figura xeométrica.

Foto_Piet; Foto_PietDor; Foto_cegasA; Foto_cegasD; Foto_familiaA; Foto_familiaD:

 

DATA DE PUBLICACIÓN:5/27/2021