Os nosos alumnos terán a posibilidade, se así o desexan, de comezar a súa andadura no segundo ciclo de Educación Infantil no Colexio Plurilingüe Abrente, colexio privado concertado, obtendo por convenio, un punto extra no Proceso de Admisión.
Unha vez obtida a praza en 4º de Ed. Infantil (3 anos), terán garantida a súa continuidade no resto de etapas educativas que abarcan todo o 2º Ciclo de Ed. Infantil, Primaria e Secundaria, ademais dunha aula de Educación Especial, no caso de aqueles nenos que así o precisen.
A continuidade no Colexio Plurilingüe Abrente supón a continuidade do proxecto educativo, o que fará máis doada a transición entre ciclos educativos, nun entorno plurilingüe e que aposta polas novas tecnoloxías.
Esta transición abórdase con sumo coidado, mantendo a comunicación a nivel pedagóxico entre mestres e titores da escola e do colexio, tanto a nivel xeral, coma a nivel particular de cada neno, tendo en conta as medidas especiais a tomar en caso de que estas foran necesarias.
Este convenio garante a excelencia, tanto académica como humana, recibida nesta primeira etapa e da continuidade á orientación e seguimento do neno, orientación de pais, entorno plurilingüe, etc.
Para máis información poden acceder á páxina web do colexio, premendo no enlace seguinte:
Colexio Plurilingüe Abrente
Comunicación continuada: A Escola - Colexio Plurilingüe Abrente