Equipo pedagóxico

Equipo pedagóxico
Persoal
CUALIFICADO, MULTIDISCIPLINAR e de AMPLA EXPERIENCIA.

O noso equipo docente está formado por MESTRAS ESPECIALISTAS e TÉCNICOS DE EDUCACION INFANTIL que contan cunha ampla experiencia e formación específica en atención temperá, psicomotricidade  e especialización no ensino de idiomas extranxeiros, ademais de formación complementaria en primeiros auxilios, emerxencias e manipulación de alimentos.
 

Equipo composto por profesionais que non escatima esforzos para levar a cabo o seu cometido coa máxima eficacia, tanto na área da educación, coma na do aprendizaxe social e emocional, ou na área asistencial; mantendo en todo momento un ambiente alegre e acolledor para que todos os nenos e nenas se sintan queridos e atendidos.
 

Ademais, na Escola Infantil Abrente somos conscientes da constante evolución do campo da educación, por isto, investimos nunha formación continuada do noso equipo educativo mediante a realización de cursos específicos e a asistencia a diferentes eventos (congresos, cursos formativos e relatorios) relacionados coa educación temperá.

Utilizamos cookies analíticas de terceiros para facilitarlle o uso da web e analizar o comportamento do usuario co obxecto de mellorar os nosos servizos. Entendemos que está conforme si continúa navegando no noso sitio web. Máis información sobre a nosa Política de Cookies aquí.

Enténdese
Top