Servizos

Servizos de CALIDADE, SAUDABLES e dirixidos ó BENESTAR dos máis pequenos.

Comedor e cociña propios

Comedor e cociña propios

Dentro do noso programa Comer ben, crecer mellor” somos conscientes de que unha boa nutrición nos primeiros anos de vida ten un efecto profundo na saúde, así como na habilidade para aprender, comunicarse e socializarse efectivamente.

Nesta idade os “peques” precisan cariño e unha dose extra de paciencia e bo humor. Por este motivo son as súas propias educadoras as encargadas de levar a cabo esta labor, o que lles proporciona seguridade e confianza, ademais:

  • Dispoñemos de cociña propia e dun equipo con ampla experiencia elaborando menús equilibrados e saudables cociñados con produtos de primeira calidade.
  • Elaboramos menús especiais e de dieta.
     
  • No caso de alerxias alimentarias ou da necesidade de menús especiais, os menús serán adaptados para cada caso en particular.
    Estas circunstancias deben ser comunicadas na secretaría do centro.
  • Funcionará todo o ano e, para asegurar unha alimentación variada para cada etapa do neno, os menús realizaranse trimestralmente, adaptándoos a cada estación do ano.
     
  • Ata os 15 meses de idade poderase facer uso do servizo “Quentar alimentos”. Só estará permitido traer leite materna conxelada, leite en po e auga embotellada, ou potito de farmacia.
     
  • Os menús enviaranse ós pais trimestralmente ademais de estar dispoñibles na secretaría do centro e publicados na web.  

Os menús realízanse seguindo a guía de axuda da Xunta de Galicia e da OMS e, ademais, contamos cun Control de Calidade Externo que garante a fiabilidade dun bo servizo.

Comedor e cociña propios
De 13:00 a 14:00 hs.
Comedor en días soltos:
Comunicarase na secretaría do centro ou por teléfono e poderá notificarse no mesmo día.
Incluído no servizo de comedor:
Incluirase a media mañá e a merenda da tarde.
As familias recibirán información puntual sobre a alimentación dos seus fillos no caderno viaxeiro.

Utilizamos cookies analíticas de terceiros para facilitarlle o uso da web e analizar o comportamento do usuario co obxecto de mellorar os nosos servizos. Entendemos que está conforme si continúa navegando no noso sitio web. Máis información sobre a nosa Política de Cookies aquí.

Enténdese
Top