Noticias

Novas Covid Xaneiro 2022

Novas

DATA DE PUBLICACIÓN:1/21/2022 12:00:00 AM

CURSO 2021-22 - FESTA NADAL - 2 ANOS

Para dar comezo ao nadal, na aula dos pequenos besbellos e das formigas celebramos unha gran festa, onde os nenos e nenas viñeron vestidos de cor vermella con algún complemento relacionado co nadal e outros vestidos de papa noel. Pasámolo moi ben, xogamos con globos, con xoguetes de cor vermella , cantamos e bailamos panxoliñas e para rematar tomamos un chocolate con biscoito que estaba boísimo.

Fotos_Almu; Fotos_Eli

DATA DE PUBLICACIÓN:12/26/2021 12:00:00 AM

CURSO 2021-22 - FESTA NADAL 1-2 ANOS

NADAL NAS AULAS DAS BOLBORETAS E XOANIÑAS

Celebramos o  Nadal nas aulas das xoaniñas e as bolboretas, disfrazámonos de papá Noel tomamos a chocolatada.

Fotos_1-2

DATA DE PUBLICACIÓN:12/26/2021 12:00:00 AM

CURSO 2021-22 - 2 ANOS - INGLÉS

Durante o primeiro trimestre nas aulas dos pequenos Besbellos e a de Oyku a formiga traballamos o inglés divertíndonos con xogos, cantando e facendo coreografías e reforzando parte dos mesmos conceptos que traballan coas titoras.

Ing_2

DATA DE PUBLICACIÓN:12/22/2021 12:00:00 AM

CURSO 2021-22 - 1-2 ANOS - INGLÉS

Na aula das pequenas xoaniñas e bolboretas estamos a facer un montón de actividades en inglés. Cantamos cancións, traballamos o outono, a cor vermella e fixemos diversas manualidades relacionadas con Halloween. Pasámolo moi ben.

Ing_1

DATA DE PUBLICACIÓN:12/21/2021 12:00:00 AM

CURSO 2021-22 - 2 ANOS - ACTIVIDADES

Este mes de novembro os nenos e nenas  da aula das formigas e pequenos besbellos, traballamos a cor vermella, o círculo e as partes do corpo  a través de diversas actividades. Fixemos  obradoiros de arte onde coñecemos a Keith Haring e Yayoi kusama.

Act_Almu; Act_Eli

DATA DE PUBLICACIÓN:12/21/2021 12:00:00 AM

Axudas para a mellora da rede galega de Escolas Infantís

 

SUBVENCIÓN INVESTIMENTO AS ESCOLAS INFANTILES DE INICIATIVA SOCIAL

ORDE do 8 de xullo de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se convocan para o ano 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

 

Entidade: ASOCIACIÓN DE  INICIATIVA SOCIAL ABRENTE

Enderezo: POMBAL Nº 8 (ADINA)

36979 SANXENXO

PONTEVEDRA (ESPAÑA)

Con data do  08-10-2020 esta entidade recibiu resolución de concesión de subvención ao abeiro da convocatoria referenciada para a mellora das infraestruturas e equipamento da Escola Infantil ABRENTE. O importe total do investimento ascendía a 27.640,74 (Vinte e sete mil seiscentos corenta con setenta e catro euros), dos cales 25.000 € (vinte cinco mil), e o importe da subvención concedida e 2.640,74 € e o que a entidade ten que achegar.

 

Na resolución de concesión de subvención ponse de manifesto que un 80 % dela será aportado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no

marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Temas:INFORMACIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:12/20/2021 12:00:00 AM

Axudas de fomento de gratuidade por segundo fillo

SUBVENCIÓN FOMENTO DE GRATUIDADE POR SEGUNDO FILLO

ORDE do 30 de decembro polo que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede a súa convocatroia para os anos 2021 e 2022, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia.

 

Entidade: ASOCIACIÓN DE  INICIATIVA SOCIAL ABRENTE

Enderezo: POMBAL Nº 8 (ADINA)

36979 SANXENXO

PONTEVEDRA (ESPAÑA)

       

                                                                                     Axudas para a mellora da rede galega de escolas infantís

Escola infantil 0-3 Abrente dependente da entidad privada de iniciativa social Asociación de Iniciativa Social Abrente, percibe a subvención por parte da Consellería de Política Social

Axuda de fomento de gratuidade por segundo fillo

Orde 30/12/2020 (DOG 13/01/2021)

 

Temas:INFORMACIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:12/20/2021 12:00:00 AM

CURSO 2021-22 - 2 ANOS - SAMAÍN E MAGOSTO

Este mes de outubro os nenos e nenas  da aula das formigas e pequenos besbellos, vivenciamos o outono cun montón de actividades divertidas que lle axudaron a coñecer as principais características desta estación. Entre elas destacan saída o entorno, decubrir o arco da vella  cun experimento, estampación de follas, observación  e degustación productos típicos do outono….Por último nos disfrazamos de pantasmas para celebrar o Samaín/ Halloween cunha gran festa. Qué ben o pasamos!

Fotos_Almu; Fotos_Eli

DATA DE PUBLICACIÓN:11/4/2021

CURSO 2021-22 - 2 ANOS - COMEZO CURSO

Este mes de setembro os nenos e nenas  da aula das formigas e pequenos besbellos, fixeron un montón de actividades divertidas que lle axudaron a adaptarse o novo cambio. Entre elas destacan a visita a biblioteca, xogos no ximnasio, coñecemos a mascota, o parque….

Fotos_2

DATA DE PUBLICACIÓN:10/10/2021

ACTIVIDADES 1-2 ANOS - VERÁN 2021

A GRANXA

Este verán traballamos a granxa e os seus animais. No mes de xullo comezamos facendo a granxa e as súas vallas, non tardaron en chegar os animais, os primeiros foron os porcos seguidos das ovellas.

DIAS DE AUGA

Este verán o tempo non quixo acompañarnos, pero o pouco que tivemos disfrutamolo con xogos de auga o aire libre e piscina. Como chapoteamos

AGOSTO

Neste mes chegaron a nosa granxa os pitiños e as galiñas, tamén bailamos a ronda dos coellos e amasamos pasta de sal para o chaveiro de parrulo.

Rematando o verán  fixemos a nosa festa granxeira disfrazándonos de vaca “Lola”.

Act_xullo; Act_Ago; Act_auga

DATA DE PUBLICACIÓN:8/31/2021 12:00:00 AM

ACTIVIDADES 0-1 ANO - VERÁN 2021

Este verán na aula de bebés fixemos un montón de actividades. Empezamos o mes de xullo sendo auténticos granxeiros coñecendo os animais  de granxa e xogando con eles e seguimos no mes de agosto coñecendo as froitas a través degustacións, estampacións, bolsas sensoriais e xogos entre outras actividades. Foi un verán moi divertido.

Act_1; Act_2; Act_3

DATA DE PUBLICACIÓN:8/27/2021 12:00:00 AM

ACTIVIDADES AGOSTO 2 ANOS

Buzos

Enchemos unha botella con auga e dentro introducimos cunchas, pedras, area e o noso buzo. Desta forma parece que estamos buceando baixo o mar.

Caixas do mar

Pintamos unhas caixas de cor azul, lle pintamos con blanco a espuma do mar, pegámoslle trozos de papel verde coma se foran algas e por último lle pegamos peixes e cunchas. Quedounos unha caixa de mar preciosa!

Cangrexos

Cun plato de cartón e pintura vermella fixemos uns divertidos cangrexos.

A Medusa

Teñimos auga de cor azul nunhas tinas, colamos a auga e a metemos nun tarro para logo meter a nosa medusa e ver como nada.

Os nosos peixiños

Con triángulos, círculos e cadrados de moitas cores fixemos uns peixes do mais orixinais.

Día de piscina

Por fin puidemos ir a piscina! Chapoteamos e nadamos un montón, nos mollamos coa mangueira, mollamos aos nosos amigos e amigas cos cubos…. Que ben o pasamos!

Yellow submarine

Pintamos un gran submarino de cor amarelo para empregalo de photocall e cantar a canción dos Beatles.

Buz_A;Buz_D;Mar_D;Cang_A;Cang_D;Med_A;Med_D;Pe_D;Pis_A;Pis_D;Yell_A;Yell_D

DATA DE PUBLICACIÓN:8/25/2021 12:00:00 AM

ACTIVIDADES XULLO 2 ANOS

Nome con cunchas

O primeiro paso foi pintar as cunchas; empregamos unha técnica moi divertida, metemos as cunchas con pintura nunha bolsa e axitamos! Despois fixemos un churro con arcilla e lle demos forma según a inicial do noso nome. Por último, pegamos as cunchas neste churro e o resultado foi ter a nosa inicial cunha decoración chulísima.

Trazo con cunchas

Empregamos as cunchas para facer cadrados, triángulos, círculos e liñas. Cada un de nós escolleu a figura que quería representar.

Xogos de auga

Como o tempo non estivo moi bo e non puidemos ir a piscina, fixemos xogos de auga na aula. Pasámolo xenial! E nada nos impediu empaparnos :)

Shark Postcard

Cun trozo de periódico e empregando diferentes técnicas con papeis azuis fixemos unha divertida postal de tiburón.

Find your Nemo

Pintamos un peixe de cor laranxa e logo lle pegamos a nosa cara para ter peixes personalizados. Logo plastificamos estes peixes para poñelos a nadar en tinas e así buscar e pescar o noso peixe.

Find_Dori; Cunchas_Almu; Cunchas_Dori; Tiburón_Dori; Trazo_Almu; Trazo_Dori; Xogos_Almu; Xogos_Dori

DATA DE PUBLICACIÓN:7/23/2021 12:00:00 AM

ACTIVIDADES 2 ANOS

OBRADOIRO COR AMARELA

Colocamos multitude de obxectos de cor amarelo pola aula (telas, coches, pezas, libros, parafusos...) e deixamos que os nenos e nenas experimentaran libremente. Tamén fixemos un traballo onde empregamos diferentes técnicas de pintura empregando a cor amarela.

PROXECTO MEDIOAMBIENTE

Pedímoslles as familias que foran cos peques a buscar basura as praias para conciencialos acerca da contaminación do plástica nas nosas praias e no mar. Con toda esa basura que trouxeron fixemos un mural con peixes; estes peixes os fixemos empregando as mans e os pés dos nenos e nenas e logo todos xuntos colocamos todo no mural facendo dúas partes: a zona cos animais mariños contentos onde non hai basura e a zona dos animais tristes porque o mar está cheo de plástico.

OS BICHOS DE LYGIA CLARK

Para traballar o triángulo escollemos a obra “Bichos” de Lygia Clark. Pintamos triángulos de cartón con moitas cores, logo lles pegamos papeis para darlle un efecto metálico xa que a artista era como facía as súas esculturas e logo os pegamos para crear os nosos bichos.

MUSEO

Cos cadrados de Piet Mondrian e os triángulos de Lygia Clark comezou o “Museo Abrente”. Na entrada colocamos na cristaleira os cadrados de Piet Mondrian e colgados na ventá e polas columnas os bichos de Lygia Clark.

OBRADOIRO ESPAGUETIS

Démoslle aos nenos e nenas espaguetes duros e espaguetes cocidos para que experimentaran pintando con eles; puidemos traballar os contrarios “brando-duro”, traballamos a liña recta co espaguete duro e a liña curva co espaguete brando; puidemos facer triángulos e cadrados cos espaguetes duros e círculos cos espaguetes brandos.

OBRADOIRO LUCES

Baixamos persianas, apagamos as luces e experimentamos con lanternas, papeis de cores e figuras translúcidas.

Fotos_amarA; Fotos_amarD;Fotos_lygiaA; Fotos_lygiaD; Fotos_MuseoA; Fotos_museoD; Fotos_tallarA; Fotos_tallD;Fotos_lucesA;Fotos_lucesD; Fotos_proyA;Fotos_proyD

DATA DE PUBLICACIÓN:6/29/2021 12:00:00 AM

ATENCIÓN TEMPERÁ - 5ª,6ª e 7ª SESIÓN

Rematamos este terceiro trimestre facendo puzzles de dúas pezas, asociación de cores e formas, traballando os conceptos dentro e fóra, grande e pequeno. Estimulamos a psicomotricidade grosa facendo circuitos nos que practicamos equilibrios, subidas e baixadas, gatexo… Tamén estimulación sensorial a través das luces, de sons o tacto…

Foi un ano diferente no que botamos de menos a presenza das familias, de tódolos xeitos os nen@s traballaron duramente, xogamos moito e pasámolo xenial. Grazas.

5ª_sesion; 6ª_sesion;7ª_sesion

DATA DE PUBLICACIÓN:6/29/2021 12:00:00 AM

ACTIVIDADES 1-2 ANOS

Esta semana divertímonos coa cor amarela.Fixemos murais, uns enormes soles e experimentamos e manipulamos obxectos de diferentes texturas desa cor. Gracias ás familias que colaboraron traendo a aula todas as cousas da cor amarela que atoparon.

Durante o curso estivemos coñecendo a arte de Paul Klee. Representamos algunhas das súas obras e fixemos un museo onde as familias puideron disfrutar da nosa arte.

Fotos_amarelo; Fotos_arte

DATA DE PUBLICACIÓN:6/25/2021 12:00:00 AM

ACTIV. 0-1 ANO

Este terceiro trimestre os nenos e nenas  da aula de bebés fixemos un montón de actividades moi divertidas, entre as que destacan o obradoiro de arte ao estilo de Arno Stern ^O xogo de pintar^, tamén participamos nun concurso de medio ambiente con elementos reciclados e traballamos a primavera entre outras cousas. Foi moi divertido.

Act_1; Act_2; Act_3

DATA DE PUBLICACIÓN:6/4/2021

Día da familia, degustación e máis

CADRADOS DE PIET MONDRIAN

Este trimestre, en arte, traballamos a Piet Mondrian; ó redor da súa obra experimentamos con cadrados representandoos con técnicas plásticas, experimentando con texturas e empregando os nosos xoguetes para facer creacións cadradas.

DEGUSTACIÓN Á CEGAS

Fixemos un obradoiro de degustación onde nos taparon os ollos para que adiviñásemos a froita que nos daban a probar. Foi moi divertido!

OBRADOIRO FAMILIA

Para celebrar o día da familia fixemos un 3 en raia para xogar todos xuntos. O xogo, a decoración mais as pezas teñen forma de cadrado xa que estamos traballando con esta figura xeométrica.

Foto_Piet; Foto_PietDor; Foto_cegasA; Foto_cegasD; Foto_familiaA; Foto_familiaD:

 

DATA DE PUBLICACIÓN:5/27/2021 12:00:00 AM

ACTIVIDADES AGOSTO 2 ANOS

Buzos

Enchemos unha botella con auga e dentro introducimos cunchas, pedras, area e o noso buzo. Desta forma parece que estamos buceando baixo o mar.

Caixas do mar

Pintamos unhas caixas de cor azul, lle pintamos con blanco a espuma do mar, pegámoslle trozos de papel verde coma se foran algas e por último lle pegamos peixes e cunchas. Quedounos unha caixa de mar preciosa!

Cangrexos

Cun plato de cartón e pintura vermella fixemos uns divertidos cangrexos.

A Medusa

Teñimos auga de cor azul nunhas tinas, colamos a auga e a metemos nun tarro para logo meter a nosa medusa e ver como nada.

Os nosos peixiños

Con triángulos, círculos e cadrados de moitas cores fixemos uns peixes do mais orixinais.

Día de piscina

Por fin puidemos ir a piscina! Chapoteamos e nadamos un montón, nos mollamos coa mangueira, mollamos aos nosos amigos e amigas cos cubos…. Que ben o pasamos!

Yellow submarine

Pintamos un gran submarino de cor amarelo para empregalo de photocall e cantar a canción dos Beatles.

DATA DE PUBLICACIÓN:5/25/2021 12:00:00 AM

ACTIVIDADES 2 ANOS

Obradoiro primavera

Comezou a primavera! Para celebralo fomos recoller flores ó patio e fixemos un obradoiro de pintura e estampación dunha paisaxe primaveral.

Obradoiro xirasois

Empregando envases de iogur experimentamos coa terra e plantamos unha semente; estamos regándoa todos os días e pronto a transplantaremos á nosa horta para seguir vendo como crece e descubir cal é a flor que aparecerá.

Semana do libro

Celebramos a semana do libro indo de visita á biblioteca onde lemos contos, experimentamos coa mesa de luz e xogamos con marionetas; tamén fixemos un mural con fotos cos nosos contos favoritos e fixemos un marcapáxinas con personaxes de contos.

Foto_primavAlmu; Foto_primavDori; Foto_xirasAlmu; Foto_xirasDori; Foto_libroAlmu; Foto_libroDori,

DATA DE PUBLICACIÓN:5/7/2021

PROGRAMACIÓN VERÁN 2021

Prog_verán

DATA DE PUBLICACIÓN:5/6/2021

SEMANA DO LIBRO 1-2 ANOS

Unha semana especial adicada o libro, onde poidemos descubrir un recuncho fantástico cheo de aventuras na biblioteca do cole. Contamos o noso conto favorito “ La cerdita Clea” e a teacher sorprendeunos na clase de inglés contándonos o  conto”The very hungry Caterpillar”.

Semana_libro

DATA DE PUBLICACIÓN:5/6/2021

ACTIVIDADES 0-1 ANO

Esta semana de abril conmemoramos a semana do libro onde cada neno e nena sacou unha foto co seu conto favorito e disfrutamos da lectura de diversos contos na biblioteca do cole.

Os nenos e nenas da aula 0-1 tivemos un obradoiro de relaxación. Disfrutamos un montón coas masaxes e da sensación das diversas texturas  que a mestra pasou pola nosa  pel.

Fotos_conto, Fotos_relax1; Fotos_relax2

DATA DE PUBLICACIÓN:5/6/2021

NOVAS COVID

novas

DATA DE PUBLICACIÓN:5/3/2021

ACTIVIDADES 2 ANOS

Obradoiro caixa misteriosa

Apareceu na clase unha caixa misteriosa, tapándonos os ollos e coa axuda do noso tacto e de adiviñas tivemos que descubrir o que había dentro.

Obradoiro Jackson Pollock

Que ben o pasamos pintando coma Pollock! Empregamos a técnica de goteo con pinceis, culleres e palliñas e quedáronnos unhas obras de arte chulísimas.

Obradoiro Seguridade vial

Con coches, un semáforo e unha sinal de stop aprendimos como cruzar a rúa e as medidas de seguridade na estrada.

Obradoiro cor azul

Experimentamos con distintos obxectos de cor azul: lá, coches, pezas, cores, mans e pés...

Obradoiro xardinería

Comezamos a traballar na nosa horta, o primeiro foi arrincar as malas herbas para logo plantar e regar. Estamos deseando ver como crecen as nosas plantas e hortalizas.

Art_Almu; Art-Patri, Caja_Almu; Caja_Patri, Azul_Almu;Azul_Patri; Vial_Almu;Vial_Patri; Jard_Almu;Jard_Patri

DATA DE PUBLICACIÓN:4/13/2021 12:00:00 AM

ACTIVIDADES 0-1 ANO

No que vai de trimestre os nenos e nenas da aula 0-1 fixemos diversas actividades entre elas cabe destacar  diversos xogos con trapiños, visita a biblioteca do cole onde vimos contos moi divertidos, vivenciamos o frío e tamén tivemos unha nova sesión da cestiña dos tesouros . Pasámolo xenial!

Fotos_tesouros; Fotos_trapiños; Fotos_xeo; Fotos_biblio

DATA DE PUBLICACIÓN:3/9/2021

COR AZUL 1-2 ANOS

Cantas cousas de cor azul!!!!!

Fotos_azul

DATA DE PUBLICACIÓN:3/8/2021

ATENCIÓN TEMPERÁ - 3º e 4º SESIÓN

Nestas dúas sesións traballamos a psicomotricidade fina abrindo e pechando obxectos, gardando e sacando cousas; a psicomotricidade grosa, facendo equilibrio, tendo que gatexar, encestando unha pelota…; tamén reforzamos conceptos como a cor vermella e azul, as partes do corpo, arriba e abaixo… E ademáis, todo isto facemolo xogando e pasando moi ben.

Sesión_3; Sesión_4

DATA DE PUBLICACIÓN:3/4/2021

SEMANA ENTROIDO 1-2 ANOS

A ilusión e as ganas de pasalo ben non faltaron este ano na escola. Tivemos unha semana chea de actividades  de entroido. O venres disfrutamos dunha gran festa, disfrazámonos de peregrinos e degustamos a tarta típica de Santiago.

Fotos_semana;

DATA DE PUBLICACIÓN:2/17/2021 12:00:00 AM

SEMANA ENTROIDO 2 ANOS

SEMANA DE ENTROIDO

Esta semana o pasamos xenial! Foi a semana do Entroido; o luns trouxemos unha garabata divertida;o martes fixemos un sombreiro tolo, o mércores trouxemos un disfrace, o xoves fixemos a festa do pixama e o venres rematamos cunha gran festa de Entroido onde a temática foi o Xacobeo.

Continuamos co Entroido! Fixemos un obradoiro de Entroido con disfraces, serpentinas e confeti e celebramos o Enterro da Sardiña.

Pixamas_Almu; Entroido_Almu; Semana_Almu; Pixamas_Patri; Entroido_Patri; Semana_Patri; Obr_Almu;Obr_Patri; Enterro_Almu; Enterro_Patri

DATA DE PUBLICACIÓN:2/17/2021 12:00:00 AM

SEMANA ENTROIDO BEBÉS

Chegou o entroido a aula dos bebés, e este ano para celebralo disfrazámonos de peregrinos. Ademáis para rematar a semana fumos ao enterro da sardiña. Qué peniña nos deu! Pasámolo xenial.

Fotos_semana;

DATA DE PUBLICACIÓN:2/17/2021 12:00:00 AM

ACTIVIDADES 2 ANOS

DÍA DA PAZ

Neste mes tamén celebramos o día da paz facendo un mural conxunto con todo o colexio. Nos pintamos flores e as puxemos nunhas macetas e na aula xogamos con globos brancos.

OBRADOIROS DE INVERNO

Neste comezo de ano fixemos uns obradoiros de inverno moi divertidos. Fixemos xeado de cor azul con xeo, iogur e colorante; puxémonos roupa de inverno, fixemos bonecos de neve, pintamos con polos xeados e experimentamos o frío e o calor con auga quente e xeos.

Paz_Almu;Paz_Patri;Quente_almu; Quente_Patri; Pintar_almu; Pintar_ Patri;Inv_Almu; Inv_Patri; Xeado_Almu; Xeado_Patri;

 

DATA DE PUBLICACIÓN:1/19/2021 12:00:00 AM

ATENCIÓN TEMPERÁ - 2º SESIÓN

Nesta segunda sesión traballamos o esquema corporal. Identificamos as partes da cara, mans e pes en nós e nas bonecas, xogamos a poñernos sombreiros, o xogo do cu-cú e pasámolo moi ben subindo as pelotas, empurrándoas e practicando equilibrios, que non foi o que máis lles gustou.

Atención_2sesión

DATA DE PUBLICACIÓN:1/19/2021 12:00:00 AM

OBRADOIRO DE MÚSICA

Obrad_0-1; Obrad_1-2 ; Obrad_2P;Obrad_2A;

DATA DE PUBLICACIÓN:1/13/2021 12:00:00 AM

NADAL E ACTIVIDADES 1-2 ANOS

Comezamos un novo curso cheos de ledicia coñecendo a nosa mascota “NINA”, descubrindo as cores do outono nas nosas árbores, e realizando as fichas e decoración desta estación.

Tamén disfrutamos das nosas primeiras sesións de psicomotricidade.

Foto_Nadal; Foto_decoración; Foto_actividades

DATA DE PUBLICACIÓN:12/23/2020 12:00:00 AM

NADAL 0-1 ANO

Este mes de decembroos nenos da aula dos Bebés vivenciamos o Nadal a través de diversas actividades como manualidades, canto de Panxoliñas con instrumentos e como non celebrando unha festa de Nadal onde nos disfrazamos con motivos navideños.

Fotos_Nadal

DATA DE PUBLICACIÓN:12/23/2020 12:00:00 AM

NADAL E ACTIVIDADES 2 ANOS

Ao longo deste trimestre iniciámonos nas novas tecnoloxías empregando o taboleiro dixital e as tablets; fixemos un obradoiro moi divertido onde experimentamos coas tablets quitándonos fotos.

Para rematar o ano fixemos obradoiros de Nadal e celebramos unha gran festa onde estivemos guapísimos e guapísimas vestidos de Nadal e na que fixemos unha recaudación para Save the Children.

Obrad_Almu; Festa_Almu; Tecnol_Almu; Obrad_Patri; Festa_Patri; Tecnol_Patri

DATA DE PUBLICACIÓN:12/23/2020 12:00:00 AM

ACTIVIDADES 2 ANOS

Xa comezou a época de Nadal e xa temos toda a escola infantil decorada para a ocasión. Fixemos uns calcetíns navideños para decorar a aula e pintamos estrelas, árbores… e por suposto cantamos moitas panxoliñas coas nosas pandeiretas. Estivemos traballando tamén a familia e o círculo. Traballamos o círculo con dous obradoiros: o de cociña decorando unha galleta e o de arte onde collemos de referencia as obras de Yayoi Kusama. Nestas semanas tamén aprendemos a quitar fotos coa cámara e a tablet. E coma sempre o seguimos pasando xenial en psicomotricidade, en inglés e noutras moitas actividades que fixemos na aula.

Nadal_Almu; Nadal_Patri; Arte_Almu; Arte_Patri, obradoiro_cociña; Psicom_Patri; Psicom_Almu

DATA DE PUBLICACIÓN:12/15/2020 12:00:00 AM

ATENCIÓN TEMPERÁ - 1º SESIÓN

Comezamos coa estimulación temperá, este curso sen a presenza das familias, pero coa colaboración da figura de apego dos nen@s na escola, a súa mestra tutora. Xogamos cos apilables, coas pelotas sonoras, intentamos atravesar un túnel e xogamos coas follas do outono. Pasámolo moi ben.

Atención_1sesión

DATA DE PUBLICACIÓN:12/15/2020 12:00:00 AM

ACTIVIDADES 0-1 ANO

Foto_activ

DATA DE PUBLICACIÓN:12/9/2020

ACTIVIDADES 1-2 ANOS

Foto_psic; Foto_vermello; Foto_xogo

DATA DE PUBLICACIÓN:11/20/2020 12:00:00 AM

OBRADOIROS 2 ANOS

Continuamos con divertidos obradoiros: a casa, experimentación con caixas, a cor vermella, pintura ó aire libre… E celebramos o Magosto! Este ano para celebralo fixemos xogos tradicinais: o xogo das cadeiras, saltamos a corda, traslados de obxectos levándoos na cabeza e démoslle de comer a un león! Pasámolo moi ben e coma sempre cantamos e bailamos moito.

Obradoiro_2 anos;Obradoiro_caixas;Obradoiro_magosto; Obradoiro_outono;

DATA DE PUBLICACIÓN:11/11/2020

FESTA SAMAÍN

Qué ben o pasamos na festa de Samaín! Fomos uns gatos e unhas gatas que daban moito medo; pintamos cabazas e lles puxemos caras terroríficas, fomos ver a exposición de cabazas na que participaron moitos de nós e por suposto bailamos e cantamos cancións típicas deste día.

Samaín_2 anos; Samaín_1-2anos;Samaín_0-1ano;

DATA DE PUBLICACIÓN:11/4/2020

COMEZO 1-2 ANOS

Comezamos un novo curso cheos de ledicia coñecendo a nosa mascota “NINA”, descubrindo as cores do outono nas nosas árbores, e realizando as fichas e a decoración desta estación.

Tamén disfrutamos das nosas primeiras sesión de psicomotricidade.

Fotos_inicio

DATA DE PUBLICACIÓN:10/23/2020 12:00:00 AM

COMEZO 2 ANOS

Comezamos un particular novo curso, pero non por iso menos divertido. Estamos facendo orixinais obradoiros: o da cor vermella, experimentación con caixas, pintura libre, estampación de follas e tamén pintamos cabazas. Falamos moito inglés, aprendemos moito xunto o noso novo amigo Tico (a mascota da clase) e fixemos moito exercicio en psicomotricidade. O estamos pasando xenial!

Fotos_inicio; Foto_inicioP

DATA DE PUBLICACIÓN:10/23/2020 12:00:00 AM

COMEZO 0-1 ANO

Na aula dos bebés tivemos unha moi boa adaptación e xa comezamos a facer algunha actividade moi divertida: coñecemos a nos mascota (Tami), experimentamos cos produtos do outono e pintamos con pintura de dedos.  O estamos pasando xenial!

Fotos_comezo

DATA DE PUBLICACIÓN:10/21/2020 12:00:00 AM

COMEZO CURSO

Benvidos

Fotos_inicio

DATA DE PUBLICACIÓN:9/18/2020 12:00:00 AM

SOLICITUDE ADMISIÓN

Folla_reservaDocumentac_aportar

Temas:NOTICIAS
DATA DE PUBLICACIÓN:3/26/2020 12:00:00 AM

Matrícula Aberta

Para todos aqueles que estean interesados en comezar unha nova aventura con nós na Escola Infantil Abrente, o prazo de matrícula manterase aberto todo o ano para aquelas prazas que queden dispoñibles. No caso de non haber vacantes, poderase notificar o desexo de formar parte da listaxe en agarda.

Para obter información sobre dispoñibilidade de prazas e tarifas poderedes cumprimentar o Formulario de admisión que atoparedes ao final da seguinte páxina Admisión.

Temas:ADMISIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:1/6/2020

Axenda

Presentámosvos a AXENDA da nosa web onde poderedes acceder á información relativa á programación do curso como por exemplo:

  • Horarios de inicio das primeiras actividades da mañá por cursos que precisan de máxima puntualidade para un correcto aproveitamento.
  • Programacións e información das actividades realizadas no centro.
  • Recursos musicais utilizados nas aulas e outra información de interese.
  • O calendario escolar referido a datas do inicio de curso ou datas de realizacións de festivais, así como ás datas de reunións informativas de inicio de curso.
  • Proximamente: O calendario das sesións de estimulación temperá (pendente de establecer para o curso 2019-20), repartidas por grupos asignados ao inicio do curso, que se levan a cabo para os nenos de 1-2 anos.

Podedes acceder a ela no seguinte link: Axenda

Temas:INFORMACIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:9/30/2019 12:00:00 AM

Menús Outono 2019

Xa se atopan dispoñibles os menús para cada etapa de comedor correspondentes a Outono 2019 no seguinte link:

Menús Outono 2019

Temas:INFORMACIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:9/30/2019 12:00:00 AM

Admisión Curso 19/20

Publicada a listaxe Definitiva de Admitidos para o próximo curso 19-20. Poderedes acceder á listaxe no seguinte link: Admisión-Listaxes

Temas:ADMISIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:4/27/2019 12:00:00 AM

Formación Mestras 2019

Unha formación continua axuda ás mestras a obter novas ideas, renovarse e actualizarse, e continuar aprendendo para así poder motivarse e transmitir todas estas ideas aos pequenos, do xeito maís axeitado posible.

Todos os anos asistimos a diferentes congresos, cursos e actividades co fin de rendir mellor, e este ano non será menos! Realizados ata o momento:

-Congreso Internacional “La escuela del futuro: Educación Infantil (1º y 2º ciclo)”

-"Manejo pizarra digital interactiva como herramienta pedagógica".

-Congreso Internacional “La práctica educativa en 0-3, ¿Cómo lo hacen?" - Madrid 2019.  Fotos

Temas:FORMACIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:4/27/2019 12:00:00 AM

Admisión Curso 19/20

Publicada a listaxe Provisional de Admitidos para o próximo curso 19-20. Poderedes acceder á listaxe no seguinte link: Admisión-Listaxes

Temas:ADMISIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:4/5/2019

Publicacións en Medios

Aproveitamos a fin de semana para mostrarvos as publicacións acollidas polos xornais no que vai de curso.

A primeira publicación do curso tivo lugar a ráiz do concerto de Nadal celebrado para poñerlle o broche final ao primeiro trimestre, no que participaron alumnos e mestres do Colexio Abrente. Podedes ler a noticia completa no seguinte link:
Faro de Vigo 21/12/2018 - Os nenos da Escola Infantil Abrente desfrutan do Concerto de Nadal.

A principios de xaneiro publicáronnos no Faro de Vigo, con motivo do obradoiro "Aprendendo a ensinar: o arte de Keith Haring", un obradoiro no que participaron os nenos de dous anos traballando a silueta e a motricidade. Podedes ler a noticia completa no seguinte link:
Faro de Vigo 19/01/2019 - O arte de Keith Haring na Escola Infantil Abrente.

Tamén no Faro de Vigo publicaron o obradoiro "de tendas" realizado a semana pasada onde os nenos de dous anos aprenderon, a través dun xogo simbólico, os oficios e as tendas que poden atopar no pobo como froitería, panadería, carnicería ou tendas de roupa. Podedes ler a noticia completa no seguinte link:
Faro de Vigo 01/02/2019 - Os pequenos escolares da Escola Infantil Abrente "vanse de tendas" e aprenden a mercar e a vender.

Boa fin de semana :) !

Temas:PUBLICACIÓNS EN MEDIOS
DATA DE PUBLICACIÓN:2/8/2019

Estreamos web !

Estamos moi contentos de presentar a nosa recentemente estreada páxina web. Unha fiestra mediante a cal comunicarnos con vós dunha maneira máis dinámica e mostrar quen e como somos, os nosos proxectos e, en especial, a inmensa ilusión que poñemos na nosa labor.

Invitámosvos a visitala nosa web e a descubrir todo o que ofrece. Esperamos que vos guste e que mostre toda a ilusión e enerxías postas no proceso da súa realización.

Temas:INFORMACIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:1/10/2019

Fotos

Vos presentamos a sección de fotos da nosa web, onde poderedes acceder á totalidade das fotos dos vosos peques que iremos mostrando ao longo do curso. Para a vosa comodidade están incluidos uns filtros por cursos académicos e aulas que poderedes atopar á dereita da páxina.

Poderedes acceder a esta sección dende un botón engadido na sección de pais ou no seguinte link: Fotos

Temas:INFORMACIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:1/8/2019

Novas

Na sección de novas accederedes ás noticias que iremos publicando ao longo do curso. Agora mesmo consta dun resumo do que foi o primeiro trimestre do ano. Para a vosa comodidade están incluidos uns filtros por temas que poderedes atopar á dereita da páxina.
Poderedes acceder a esta sección no seguinte link: Novas

Temas:INFORMACIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:1/8/2019

Axenda

Presentámosvos a AXENDA da nosa web onde poderedes acceder á información relativa á programación do curso como por exemplo:

  • O calendario das sesións de estimulación temperá 2018/2019, repartidas por grupos asignados ao inicio do curso, que se levan a cabo para os nenos de 1-2 anos.
  • Horarios de inicio das primeiras actividades da mañá por cursos que precisan de máxima puntualidade para un correcto aproveitamento.
  • Programacións e información das actividades realizadas no centro.
  • Recursos musicais utilizados nas aulas e outra información de interese.
  • O calendario escolar referido a datas do inicio de curso ou datas de realizacións de festivais, así como ás datas de reunións informativas de inicio de curso.

Podedes acceder a ela no seguinte link: Axenda

Temas:INFORMACIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:1/8/2019