CADRADOS DE PIET MONDRIAN
Este trimestre, en arte, traballamos a Piet Mondrian; ó redor da súa obra experimentamos con cadrados representandoos con técnicas plásticas, experimentando con texturas e empregando os nosos xoguetes para facer creacións cadradas.
DEGUSTACIÓN Á CEGAS
Fixemos un obradoiro de degustación onde nos taparon os ollos para que adiviñásemos a froita que nos daban a probar. Foi moi divertido!
OBRADOIRO FAMILIA
Para celebrar o día da familia fixemos un 3 en raia para xogar todos xuntos. O xogo, a decoración mais as pezas teñen forma de cadrado xa que estamos traballando con esta figura xeométrica.
Foto_Piet; Foto_PietDor; Foto_cegasA; Foto_cegasD; Foto_familiaA; Foto_familiaD:
DATA DE PUBLICACIÓN:5/27/2021