Noticias

ACTIVIDADES 2 ANOS

OBRADOIRO COR AMARELA

Colocamos multitude de obxectos de cor amarelo pola aula (telas, coches, pezas, libros, parafusos...) e deixamos que os nenos e nenas experimentaran libremente. Tamén fixemos un traballo onde empregamos diferentes técnicas de pintura empregando a cor amarela.

PROXECTO MEDIOAMBIENTE

Pedímoslles as familias que foran cos peques a buscar basura as praias para conciencialos acerca da contaminación do plástica nas nosas praias e no mar. Con toda esa basura que trouxeron fixemos un mural con peixes; estes peixes os fixemos empregando as mans e os pés dos nenos e nenas e logo todos xuntos colocamos todo no mural facendo dúas partes: a zona cos animais mariños contentos onde non hai basura e a zona dos animais tristes porque o mar está cheo de plástico.

OS BICHOS DE LYGIA CLARK

Para traballar o triángulo escollemos a obra “Bichos” de Lygia Clark. Pintamos triángulos de cartón con moitas cores, logo lles pegamos papeis para darlle un efecto metálico xa que a artista era como facía as súas esculturas e logo os pegamos para crear os nosos bichos.

MUSEO

Cos cadrados de Piet Mondrian e os triángulos de Lygia Clark comezou o “Museo Abrente”. Na entrada colocamos na cristaleira os cadrados de Piet Mondrian e colgados na ventá e polas columnas os bichos de Lygia Clark.

OBRADOIRO ESPAGUETIS

Démoslle aos nenos e nenas espaguetes duros e espaguetes cocidos para que experimentaran pintando con eles; puidemos traballar os contrarios “brando-duro”, traballamos a liña recta co espaguete duro e a liña curva co espaguete brando; puidemos facer triángulos e cadrados cos espaguetes duros e círculos cos espaguetes brandos.

OBRADOIRO LUCES

Baixamos persianas, apagamos as luces e experimentamos con lanternas, papeis de cores e figuras translúcidas.

Fotos_amarA; Fotos_amarD;Fotos_lygiaA; Fotos_lygiaD; Fotos_MuseoA; Fotos_museoD; Fotos_tallarA; Fotos_tallD;Fotos_lucesA;Fotos_lucesD; Fotos_proyA;Fotos_proyD

DATA DE PUBLICACIÓN:6/29/2021