Noticias

ENTROIDO 2019-2020

Este ano disfrazámonos de películas coa temática: “Entroido das galaxias”. O colexio apareceu decorado coma se estivésemos no espacio exterior, está o sistema solar pendurado do teito, as estrelas parpadeando, unha nave espacial, un ovni…Na aula de Eli foi disfrazada de extraterrestres coma os da película “Pequenos invasores”. As aulas de Sol e Rosi foron do documental de Morgan Freeman “Os segredos do universo”. Os alumno@s de Almu representaron a película de “Terra Willy: planeta descoñecido” e os alumn@s da aula de Dori foron de platillos voantes coma os da película: “Luis e os alieníxenas”.

Desfilamos como verdadeiros profesionais, bailamos e para repoñer folgos comemos os doces típicos que trouxeron as familias. Desfrutaron moitísimo.

Fotos_Semana0-1; Fotos_Desfile0-1; Fotos_Semana1-2; Fotos_Desfile1-2; Fotos_Semana2; Fotos_Desfile2; Enterro_Sardiña

Temas:EVENTOS
DATA DE PUBLICACIÓN:3/3/2020