Noticias

Ed. Vial e visita Poli Paco

Este ano xa estábamos preparados para a visita do noso amigo o Poli Paco. A nosa escola convirteuse nunha rúa onde non faltaba detalle, atopanse a estrada, os semáforos, o paso de peóns, algunhas sináis e ata as vías do tren!

Cando chegou a policía os pequenos atenderon as súas indicacións e consellos e despois cantaron unas cancións para reforzar o mais importante. Para isto foron  acompañados polo poli Paco e o poli Paquiño. E para finalizar saimos a rúa, montamos nos coches e nas motos (cos cascos nas cabezas) e fixemos un simulacro de circulación, respetamos as cores do semáforo, os peóns que estaban a mercar nas tendas e deixamos pasar o camión de bombeiros que levaba moita presa!  Dentro de pouco xa temos que montar unha autoescola!

Fotos_Ed.Vial 1-2; Fotos_Ed.Vial2

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:1/30/2020