Noticias

Decoración Nadal 2019

Comezamos a temporada de Nadal! Soan as panxoliñas e o colexio transfórmase vestíndose para a ocasión. Os nen@s  atoparon unha verdadeira estación de trens. As vías percorren o chan, as portas son casiñas de xenxibre,  está a fiestra para a venda de billetes, pendurados do teito hai caramelos, bastóns e piruletas e, o mais importante, o tren no que viaxan os trasnos coas caras de tódol@s rapac@s.

Todo o que entra no centro contáxiase da maxia e da ilusión por descubrir máis recunchos e vivir con moita felicidade estas datas.

Fotos: Deco_Nadal

Temas:EVENTOS
DATA DE PUBLICACIÓN:12/12/2019