Noticias

Concerto de Nadal

Outro ano mais tivemos o pracer de desfrutar dun concerto no que os nen@s do Colexio Abrente participaron. Primeiro as mestras quentaron motores cantando panxoliñas coas panderetas, despois chegou o turno dos alumn@s de 6º de primaria que nos interpretaron “El camino que lleva a Belén” con frautas e carrillóns. Logo tivemos un solo de trompeta amenizado con dúas bailarinas e para rematar, os  alumn@s de educación especial cantaron unha panxoliña feita por eles mesmos.
Fotos-concerto-NADAL

Temas:EVENTOS
DATA DE PUBLICACIÓN:1/1/2020