Noticias

Saída á Granxa 2-3 anos

Chegou o día da saída e puidemos ir a coñecer aos animais que residen nesta granxa tan chula. Para achegarnos, subimos ó autobús e puxemos o cinto, íamos moi contentos e observando todo o noso arredor. Ao chegar, dividíronnos en dous grupos, gatos e coellos, e mentres un grupo facía pan, o outro coñecía os animais e os acariñaban. Ouvellas, a burra Mariola, o cabalo Frodo, coellos, unha vaquiña, as galiñas e galos… todos se deixaron querer e incluso comeron das mans dos pequenos visitantes.

Fotos: Autobús, Almu, Dori

Temas:SAÍDAS
DATA DE PUBLICACIÓN:5/26/2019