Noticias

Publicacións en Medios

Aproveitamos a fin de semana para mostrarvos as publicacións acollidas polos xornais no que vai de curso.

A primeira publicación do curso tivo lugar a ráiz do concerto de Nadal celebrado para poñerlle o broche final ao primeiro trimestre, no que participaron alumnos e mestres do Colexio Abrente. Podedes ler a noticia completa no seguinte link:
Faro de Vigo 21/12/2018 - Os nenos da Escola Infantil Abrente desfrutan do Concerto de Nadal.

A principios de xaneiro publicáronnos no Faro de Vigo, con motivo do obradoiro "Aprendendo a ensinar: o arte de Keith Haring", un obradoiro no que participaron os nenos de dous anos traballando a silueta e a motricidade. Podedes ler a noticia completa no seguinte link:
Faro de Vigo 19/01/2019 - O arte de Keith Haring na Escola Infantil Abrente.

Tamén no Faro de Vigo publicaron o obradoiro "de tendas" realizado a semana pasada onde os nenos de dous anos aprenderon, a través dun xogo simbólico, os oficios e as tendas que poden atopar no pobo como froitería, panadería, carnicería ou tendas de roupa. Podedes ler a noticia completa no seguinte link:
Faro de Vigo 01/02/2019 - Os pequenos escolares da Escola Infantil Abrente "vanse de tendas" e aprenden a mercar e a vender.

Boa fin de semana :) !

Temas:PUBLICACIÓNS EN MEDIOS
DATA DE PUBLICACIÓN:2/8/2019