Política de Privacidade

I.-Introducción.

A presente Política de Privacidade foi desenvolta tendo en conta o disposto polo Regulamento 2016/679 do Parlamento Europeo e do consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ó tratamento de datos persoais e á circulación destes datos, en diante o RGPD. 

Esta Política de Privacidade ten por obxecto pór en coñecemento dos titulares dos datos persoais, respecto dos cales estase a solicitar información, os aspectos específicos relativos ó tratamento dos seus datos, entre outras cousas, as finalidades dos tratamentos, os datos de contacto para exercer os dereitos que o asisten, os prazos de conservación da información e as medidas de seguridade entre outras cousas.

 

II.-Responsable do Tratamento.

En termos de protección de datos, ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL ABRENTE, en diante ESCOLA INFANTIL ABRENTE, debe ser considerada Responsable do Tratamento, en relación ós ficheiros/tratamentos que xestiona.

A continuación indícanse os datos identificadores do titular do presente sitio web www.escolainfantilabrente.com:

  • Entidade titular: ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL ABRENTE
    Nome comercial: ESCOLA INFANTIL ABRENTE
  • Domicilio social:
    Dirección postal: Lg Pombal, s/n, 36979 Adina - Sanxenxo - Pontevedra
  • Dirección electrónica: lopd@escolainfantilabrente.com
  • Teléfono: 986723494 – 986723493 – 636016925.

 

III.-Delegado de Protección de datos.

Nome: Norquality Consultores, S.L.
Contacto: protecciondedatos@norquality.es

 

IV.-Tratamentos de datos.

Os datos de carácter persoal, obxecto de tratamento pola entidade non só a través da web senón en calquera das súas actividades, consistirán en aqueles estritamente imprescindibles para as finalidades para as que se solicitaron en cada caso e que máis adiante se identifican. Dita información será tratada de forma leal, lícita e transparente en relación co interesado. Por outra parte, os datos persoais serán recollidos para finalidades determinadas explícitas e lexítimas, non sendo tratados ulteriormente de xeito incompatible con ditos fins. 

Os datos recollidos de cada interesado serán adecuados, pertinentes e non excesivos en relación ás finalidades correspondentes para cada caso, e serán actualizados sempre que sexa preciso. 

O titular dos datos será informado, con carácter previo á recollida dos seus datos, dos extremos xerais regulados nesta política a fin de que poida prestar o consentimento expreso, preciso e inequívoco para o tratamento dos seus datos, conforme ós seguintes aspectos.

En liñas xerais, ESCOLA INFANTIL ABRENTE trata a seguinte información coas seguintes características específicas: 

Finalidades do tratamento 
As finalidades explícitas, para as cales se levan a cabo cada un dos tratamentos, veñen recollidas nas cláusulas informativas incorporadas en cada unha das vías de toma de datos (formularios web, formularios en papel, locucións ou carteis e notas informativas).

Non obstante, os datos de carácter persoal do interesado serán tratados para cada unha das finalidades que se especificaron nos documentos ou sistemas de toma de datos establecidos pola entidade e que, en liñas xerais a continuación se especifican:

  • Alumnos: xestión de matriculación, xestión docente e educativa, xestión de promoción da entidade.
  • Clientes e familias: xestión económica, financeira, administrativa e informativa, xestión de fidelidade e de promoción da entidade.
  • Persoal: xestión laboral e de recursos humanos.
  • Provedores: xestión económica, financeira e administrativa.
  • Currículos: xestión de candidatos e desenvolvemento de procesos de selección de persoal.
  • Usuarios web: atención a consultas ou solicitudes de información, xestión da relación comercial e da potencial relación contractual, análise de hábitos de navegación, xestión da área privada do sitio web. 

Lexitimación
Por regra xeral, previo ó tratamento dos datos persoais, ESCOLA INFANTIL ABRENTE obtén consentimento expreso e inequívoco do titular dos mesmos, mediante a incorporación de cláusulas de consentimento informado nos diferentes sistemas de recollida de información.
Non obstante, no caso de que non se requira o consentimento do interesado, a base lexitimadora do tratamento na cal se ampara ESCOLA INFANTIL ABRENTE é a existencia dunha lei ou norma específica que autorice ou esixa o tratamento  dos datos do interesado. 

Destinatarios
Por regra xeral, ESCOLA INFANTIL ABRENTE non procede á cesión ou comunicación dos datos a terceiras entidades, salvo as requiridas legalmente, non obstante, no caso de que fora preciso, ditas cesións ou comunicacións de datos infórmanse ó interesado a través das cláusulas de consentimento informado contidas nas diferentes vías de recollida de datos persoais. 

Procedencia
Por rega xeral, os datos persoais recóllense sempre directamente do interesado, non obstante, en determinadas excepcións, os datos poden ser recollidos a través de terceiras persoas, entidades ou servizos diferentes do interesado. Neste sentido, este extremo será trasladado ó interesado a través das cláusulas de consentimento informado contidas nas diferentes vías de recollida de información e dentro dun prazo razoable, unha vez obtidos os datos, e a máis tardar dentro do prazo dun mes.   

Prazos de conservación
A información solicitada do interesado será conservada mentres sexa precisa para cumprir coa finalidade para a cal foron solicitados os datos persoais, de forma que, unha vez cumprida a finalidade, os datos serán cancelados. Dita cancelación dará lugar ó bloqueo dos datos conservándose unicamente a disposición das AAPP, Xuíces e Tribunais, para atender as posibles responsabilidades nacidas do tratamento, durante o prazo de prescrición destas, cumprido o citado prazo procederase á destrución da información.   

A título informativo, a continuación recóllense os prazos legais de conservación da información en relación a diferentes materias:

Documento Prazo Ref. Legal
Documentación de carácter laboral ou relacionada coa Seguridade Social 4 anos Artículo 21 do Real Decreto Legislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sanccións de Orde Social.
Documentación contable e fiscal a efectos mercantís 6 anos Art. 30 Código Comercio
Documentación contable e fiscal a efectos fiscais 4 anos Artículo 66 a 70 Lei Xeral Tributaria
Control de accesos a edificios 1 mes Instrución 1/1996 da AEPD
Vídeovixiancia 1 mes Instrución 1/2006 da AEPD
Lei Orgánica 4/1997

 

V.-Datos de navegación.

En relación ós datos de navegación que se poidan tratar a través do sitio web, en caso de que se recollan datos sometidos á normativa, recoméndase consultar a Política de Cookies publicada no noso sitio web.

 

VI.-Dereitos dos interesados.

A normativa en materia de protección de datos outorga unha serie de dereitos ós interesados ou titulares dos datos, usuarios do sitio web ou usuarios dos perfís das redes sociais da ESCOLA INFANTIL ABRENTE.

Estes dereitos que asisten ás persoas interesadas son os seguintes:

  • Dereito de acceso: dereito a obter información sobre se os seus propios datos están sendo obxecto de tratamento, a finalidade do tratamento que estase a realizar, as categorías de datos que se trate, os destinatarios ou categorías de destinatarios, o prazo de conservación e a orixe de ditos datos.
  • Dereito de rectificación: dereito a obter a rectificación dos datos persoais inexactos ou incompletos.
  • Dereito de supresión: dereito a obter a supresión dos datos nos seguintes supostos:
    • Cando os datos xa non sexan precisos para a finalidade para a cal foron solicitados.
    • Cando o titular dos mesmos retire o consentimento.
    • Cando o interesado se opoña ó tratamento.
    • Cando deban suprimirse en cumprimento dunha obriga legal.
    • Cando os datos foran obtidos en virtude dun servizo de sociedade da información en base ó disposto no art. 8 apdo. 1 do Regulamento Europeo sobre Protección de datos.
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse a un determinado tratamento baseado no consentimento do interesado.
  • Dereito de limitación: dereito a obter a limitación do tratamento dos datos cando se trate de algún dos seguintes supostos:
    • Cando o interesado impugne a exactitude dos datos persoais, durante un prazo que permita á empresa verificar a exactitude dos mesmos.
    • Cando o tratamento sexa ilícito e o interesado se opoña á supresión dos datos.
    • Cando a empresa xa non precise os datos para os fin para os que foron solicitados, pero o interesado os precise para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
    • Cando o interesado se opuxera ó tratamento mentres se verifica se os motivos lexítimos da empresa prevalecen sobre os do interesado.

Os interesados poderán exercitar os dereitos indicados, dirixíndose á ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL ABRENTE, mediante escrito, remitido á seguinte dirección de correo electrónico: lopd@escolainfantilabrente.com indicando na liña de Asunto o dereito que desexa exercitar e, no corpo do email, o nome e apelidos do usuario e demais datos acreditativos.

Neste sentido, a ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL ABRENTE atenderá a súa solicitude á maior brevidade posible e tendo en conta os prazos previstos na normativa en materia de protección de datos.

 

VII.-Seguridade.

As medidas de seguridade adoptadas pola ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL ABRENTE son aquelas requiridas, de conformidade co establecido no artigo 32 do RGPD. Neste sentido, ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL ABRENTE, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como os riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e as liberdades das persoas físicas, ten establecidas as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir o nivel de seguridade adecuado ó risco existente.

En todo caso, a ASOCIACIÓN DE INICIATIVA SOCIAL ABRENTE ten implementados os mecanismos suficientes para: 

a) Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento.

b) Restaurar a dispoñibilidade e o acceso ós datos persoais de forma rápida, no caso de incidente físico ou técnico.

c) Verificar, avaliar e valorar, de xeito regular, a eficacia das medidas técnicas e organizativas implantadas para garantir a seguridade do tratamento.

d) Seudonimizar e cifrar os datos persoais, no seu caso.

 

Utilizamos cookies analíticas de terceiros para facilitarlle o uso da web e analizar o comportamento do usuario co obxecto de mellorar os nosos servizos. Entendemos que está conforme si continúa navegando no noso sitio web. Máis información sobre a nosa Política de Cookies aquí.

Acepto
Top