Noticias

Policía e Bombeiros

Recibimos unha visita moi especial, veu a nosa escola o Poli Paco a ensinarnos moitas cousas acerca da seguridade viaria e a cantar e bailar con nós. Logo acompañounos ao parque de bombeiros e, durante o camiño puidemos practicar o que o Poli Paco nos ensinou: que temos que ir camiñando pola beirarrúa e debemos cruzar polo paso de peóns prestando atención de se hai semáforo ou non.
Unha vez no parque de bombeiros ensináronnos o camión, onde puidemos subirnos, e practicar coa mangueira para apagar incendios e probar os
cascos. Rematamos esta aventura cunha gran merenda que os bombeiros nos tiñan preparada e déronnos uns diplomas para recordar o día de hoxe e o ben que o pasamos.

Podedes ver as fotos nos seguintes links: Fotos 1-2 anos; Fotos 2-3 anos

Temas:SAÍDAS
DATA DE PUBLICACIÓN:3/21/2019