Noticias

Matrícula Aberta

Para todos aqueles que estean interesados en comezar unha nova aventura con nós na Escola Infantil Abrente, o prazo de matrícula manterase aberto todo ano para aquelas prazas que queden dispoñibles. No caso de non haber vacantes, poderase notificar o desexo de formar parte da listaxe en agarda.

Para obter información sobre dispoñibilidade de prazas e tarifas poderedes cumprimentar o Formulario de admisión que atoparedes ao final da seguinte páxina Admisión.

Temas:ADMISIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:14/02/2019

Estimulación temperá

AULA 1-2. Estimulacion temperá. Comezamos no primeiro trimestre co obradoiro de estimulación temperá, nel os nen@s poden disfrutar do aprendizaxe na compaña das súas familias. Aquí podedes ver fotos das dúas primeiras sesións. SESIÓN 1. SESIÓN 2.

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:14/02/2019

Publicacións en Medios

Aproveitamos a fin de semana para mostrarvos as publicacións acollidas polos xornais no que vai de curso.

A primeira publicación do curso tivo lugar a ráiz do concerto de Nadal celebrado para poñerlle o broche final ao primeiro trimestre, no que participaron alumnos e mestres do Colexio Abrente. Podedes ler a noticia completa no seguinte link:
Faro de Vigo 21/12/2018 - Os nenos da Escola Infantil Abrente desfrutan do Concerto de Nadal.

A principios de xaneiro publicáronnos no Faro de Vigo, con motivo do obradoiro "Aprendendo a ensinar: o arte de Keith Haring", un obradoiro no que participaron os nenos de dous anos traballando a silueta e a motricidade. Podedes ler a noticia completa no seguinte link:
Faro de Vigo 19/01/2019 - O arte de Keith Haring na Escola Infantil Abrente.

Tamén no Faro de Vigo publicaron o obradoiro "de tendas" realizado a semana pasada onde os nenos de dous anos aprenderon, a través dun xogo simbólico, os oficios e as tendas que poden atopar no pobo como froitería, panadería, carnicería ou tendas de roupa. Podedes ler a noticia completa no seguinte link:
Faro de Vigo 01/02/2019 - Os pequenos escolares da Escola Infantil Abrente "vanse de tendas" e aprenden a mercar e a vender.

Boa fin de semana :) !

Temas:PUBLICACIÓNS EN MEDIOS
DATA DE PUBLICACIÓN:08/02/2019

"De Tendas"

Os nenos e nenas das aulas de 2 anos están a aprender, a través do xogo simbólico os oficios e as tendas que pode haber no noso pobo, dende a froitería, panadería, carnicería… hasta a tenda de roupa ou móbiles.

Fomos de tendas para aprender a MERCAR e a VENDER onde os meniñ@s fixeron de vendedores e de clientes, respectando cada un, o rol que lle tocaba nese momento.

En ningunha tenda, falta de nada ( todo tipo de froitas, pescados, mariscos, carnes, queixos, pan, plantas, roupa, calzado, teléfonos), ata hai máquina rexistradora que emite billetes de euro!

Durante estas semanas pódese disfrutar deste mercado na entrada da Escola. Invitámosvos a darvos un paseíño polo noso mercado!

Mentras tanto aquí vos deixamos un adianto - Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:03/02/2019

Estreamos web !

Estamos moi contentos de presentar a nosa recentemente estreada páxina web. Unha fiestra mediante a cal comunicarnos con vós dunha maneira máis dinámica e mostrar quen e como somos, os nosos proxectos e, en especial, a inmensa ilusión que poñemos na nosa labor.

Invitámosvos a visitala nosa web e a descubrir todo o que ofrece. Esperamos que vos guste e que mostre toda a ilusión e enerxías postas no proceso da súa realización.

Temas:INFORMACIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:10/01/2019

Fotos

Vos presentamos a sección de fotos da nosa web, onde poderedes acceder á totalidade das fotos dos vosos peques que iremos mostrando ao longo do curso. Para a vosa comodidade están incluidos uns filtros por cursos académicos e aulas que poderedes atopar á dereita da páxina.

Poderedes acceder a esta sección dende un botón engadido na sección de pais ou no seguinte link: Fotos

Temas:INFORMACIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:08/01/2019

Novas

Na sección de novas accederedes ás noticias que iremos publicando ao longo do curso. Agora mesmo consta dun resumo do que foi o primeiro trimestre do ano. Para a vosa comodidade están incluidos uns filtros por temas que poderedes atopar á dereita da páxina.
Poderedes acceder a esta sección no seguinte link: Novas

Temas:INFORMACIÓN
DATA DE PUBLICACIÓN:08/01/2019

Concerto de Nadal

Para poñerlle o broche final a este trimestre, celebramos un concerto no que participaron alumnos e mestres do Colexio Abrente que nos ofreceron un evento tanto de cancións tocadas en conxunto como de duetos e solos con diferentes instrumentos nos que non faltou un tan tradicional coma a gaita.
Graciñas pola colaboración, pasámolo en grande!
Fotos-concerto-NADAL

Temas:EVENTOS
DATA DE PUBLICACIÓN:29/12/2018

0-1 Anos 1º Trimestre

Este primeiro trimestre os máis pequeniños da escola fixemos un montón de actividades: Coñecemos a nosa mascota "o poliño PO", os elementos principais do outono, experimentamos con eles, experimentamos coa pintura de dedos, coñecemos o xoguete preferido de PO: a pelota, e celebramos a semana da música entre outras diversas actividades.
Para rematar acabamos o trimestre celebrando o nadal cunha gran festa e disfrutando dun bonito concerto navideño. Pasámo-lo xenial. 

Poderedes acceder a todo o conxunto de fotos de aula 0-1 neste enlace.
Tamén poderedes acceder ás fotos de cada unha das actividades por separado:
Fotos-Actividades-de-aula , Fotos-Obradoiro-experimentación , Fotos-"Cestiña-dos-tesouros" , Fotos-Nadal

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:27/12/2018

1-2 Anos 1º Trimestre

Comezamos a aventura entre vágoas e risas pero moi pronto so eran risas. Coñezemos ás nosas mascotas Next e Bebi e traballamos a unidade didáctica, o outono, obradoiro de música, xogo heurístíco, o inglés, a experimentación e a psicomotricidade. Tamén celebramos o samaín e para rematar o trimestre asistimos ó concerto de nadal e organizamos unha chocolatada. 

Poderedes acceder a todo o conxunto de fotos de aula 1-2 neste enlace.
Tamén poderedes acceder ás fotos de cada unha das actividades por separado:
Fotos-Unidade-didáctica, Fotos-outono, Fotos-xogo-heurístico-1Fotos-xogo-heurístico-2, Fotos-Obradoiro-experimentación , Fotos-Psicomotricidade, Fotos-Nadal

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:27/12/2018