Noticias

"De Tendas"

Os nenos e nenas das aulas de 2 anos están a aprender, a través do xogo simbólico os oficios e as tendas que pode haber no noso pobo, dende a froitería, panadería, carnicería… hasta a tenda de roupa ou móbiles.

Fomos de tendas para aprender a MERCAR e a VENDER onde os meniñ@s fixeron de vendedores e de clientes, respectando cada un, o rol que lle tocaba nese momento.

En ningunha tenda, falta de nada ( todo tipo de froitas, pescados, mariscos, carnes, queixos, pan, plantas, roupa, calzado, teléfonos), ata hai máquina rexistradora que emite billetes de euro!

Durante estas semanas pódese disfrutar deste mercado na entrada da Escola. Invitámosvos a darvos un paseíño polo noso mercado!

Mentras tanto aquí vos deixamos un adianto - Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:03/02/2019