Noticias

Convivencia 2-3 anos

Outro ano máis, a Escola Infantil Abrente procurou conciliar ás familias coa escola nunha xornada chea de momentos inesquecíbles. Fóra do horario escolar, achegáronse país, nais, algún irmán e incluso tíos e avós para participar e pasar un bo anaco cos máis pequenos e pequenas da casa.

Comezaron atopando toda a sala cuberta de follas de revista, tanto no chan coma pendurando do teito. Despois de bailar e xogar con elas, fixeron  unhas montañas por equipos procurando que quedasen o máis grande posible. Outro xogo consistíu en recoller bolas da cor do equipo e tiralas ata que se pegasen nunha tela de araña. O último xogo foi máis relaxante, pintaron nunha parede de film transparente ao son da música relaxante, e mentres gozaban cos pinceis, descubriron que a pintura era máxica xa que brillaba na oscuridade.

Despois de tanto traballo houbo unha merenda para coller folgos e acabamos gozando da obra “Os tres porquiños” en sombras que representaron as mestras.

Fotos1, Fotos2

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:5/27/2019