Noticias

Ao Mercado 1-2 anos

O día 2 de Maio fumos de excursión á praza de abastos  e ó mercadillo onde puxemos á proba todos os nosos sentidos. Tocamos os mariscos e vimos os peixes.carnes e froitas. Cheiramos as flores e as prantas, escoitamos os sons da rúa e finalizamos degustando uns churros e uns boliños de pan.

Fotos

Temas:SAÍDAS
DATA DE PUBLICACIÓN:5/26/2019 12:00:00 AM

Saída á Granxa 2-3 anos

Chegou o día da saída e puidemos ir a coñecer aos animais que residen nesta granxa tan chula. Para achegarnos, subimos ó autobús e puxemos o cinto, íamos moi contentos e observando todo o noso arredor. Ao chegar, dividíronnos en dous grupos, gatos e coellos, e mentres un grupo facía pan, o outro coñecía os animais e os acariñaban. Ouvellas, a burra Mariola, o cabalo Frodo, coellos, unha vaquiña, as galiñas e galos… todos se deixaron querer e incluso comeron das mans dos pequenos visitantes.

Fotos: Autobús, Almu, Dori

Temas:SAÍDAS
DATA DE PUBLICACIÓN:5/26/2019 12:00:00 AM

Policía e Bombeiros

Recibimos unha visita moi especial, veu a nosa escola o Poli Paco a ensinarnos moitas cousas acerca da seguridade viaria e a cantar e bailar con nós. Logo acompañounos ao parque de bombeiros e, durante o camiño puidemos practicar o que o Poli Paco nos ensinou: que temos que ir camiñando pola beirarrúa e debemos cruzar polo paso de peóns prestando atención de se hai semáforo ou non.
Unha vez no parque de bombeiros ensináronnos o camión, onde puidemos subirnos, e practicar coa mangueira para apagar incendios e probar os
cascos. Rematamos esta aventura cunha gran merenda que os bombeiros nos tiñan preparada e déronnos uns diplomas para recordar o día de hoxe e o ben que o pasamos.

Podedes ver as fotos nos seguintes links: Fotos 1-2 anos; Fotos 2-3 anos

Temas:SAÍDAS
DATA DE PUBLICACIÓN:3/21/2019 12:00:00 AM