Escola Infantil ABRENTE

Somos un centro de 0 a 3 anos de Iniciativa Social de carácter privado,  subvencionado pola Consellería de Política Social e situado no enclave natural privilexiado do Pombal, parroquia de Adina (Sanxenxo). Unha escola con máis de 30 anos de experiencia onde os nenos e as súas familias participan de maneira activa e dende a experiencia en toda a súa educación.

Neste primeiro ciclo os nenos xogan, crean e aprenden cousas novas, e son estas primeiras vivencias e aprendizaxes as que formarán os piares fundamentais no desenrolo da súa personalidade e as súas actitudes ante retos futuros. Por este motivo, para nós é unha satisfacción e un gran orgullo poder ofrecer ós nosos nenos e ás súas familias o maior apoio posible nesta etapa.

Contamos cun excelente proxecto educativo, con programas específicos para cada idade (0-1 anos, 1-2 anos e 2-3 anos), onde os nosos alumnos desfrutan aprendendo, buscando o desenvolvemento integral das súas capacidades, da man de persoal de ampla experiencia en educación temperá que afronta con gran ilusión este gran reto mediante:

  • Atención individualizada, co cariño que requiren nenos tan pequenos.
  • Programa de estimulación temperá e sensorial.
  • Fomento da autonomía persoal e da hixiene.
  • Obradoiros de experimentación.
  • Desenvolvemento da imaxinación, o talento, a creatividade e a intelixencia emocional de cada un dos nosos alumnos.
  • O xogo, a arte, a música e a tecnoloxía son algúns dos vehículos para o aprendizaxe.
  • A psicomotricidade.
  • A interacción dos máis pequenos coa natureza en amplos espazos abertos e accesibles aos pais.
  • A inmersión dos nenos nun entorno plurilingüe desenvolvido de forma natural e que abrangue galego, castelán e inglés.
  • Favorecendo a autoestima e a colaboración mediante o diálogo, a negociación e as pequenas responsabilidades.

Ademais o centro potencia e impulsa:

  • A colaboración familia - escola: Promovendo a comunicación entre ambas partes e a participación das familias de forma activa no desenvolvemento das capacidades dos máis pequenos.

Coa finalidade de axudar aos pais na tan difícil conciliación do traballo e a vida familiar, o noso centro permanece aberto dende as 8:30 hs ata as 19:00 hs para así poder ofrecer a franxa horaria que mellor se adapte a cada familia. Ademais, entre outros servizos, contamos cun comedor de elaboración propia, saudable e menús especiais para todo tipo de alerxias e intolerancias.
 

Dende a escola animámosvos a poñervos en contacto con nós e así poder coñecernos.

Utilizamos cookies analíticas de terceiros para facilitarlle o uso da web e analizar o comportamento do usuario co obxecto de mellorar os nosos servizos. Entendemos que está conforme si continúa navegando no noso sitio web. Máis información sobre a nosa Política de Cookies aquí.

Acepto
Top