Atención educativa de 0 a 3 anos

Atención educativa de 0 a 3 anos

Tendo en conta que traballamos co 1º ciclo educativo (0 a 3 anos) non só nos centraremos no desenvolvemento das capacidades educativas, senón tamén creativas, motoras, socias e emocionais de xeito complementario ó importantísimo papel da familia.

Faremos especial fincapé no traballo e reforzo de rutinas segundo a idade, pero tamén atendendo á etapa evolutiva de cada neno de xeito individual, ademais de fomentar as relacións sociais, a colaboración e a solidariedade, sempre respectando a necesidade de cada neno de descubrir e de experimentar por si só.

En relación ás capacidades educativas, creativas, emocionais e motoras, contamos con programas específicos para cada etapa (0-1, 1-2 e 2-3 anos) adaptados de xeito progresivo para que os nenos aprendan a desfrutar aprendendo e descubrindo cousas novas.
Atención educativa de 0 a 3 anos
Número de aulas
  • 0-1 anos (1).
  • 1-2 anos (2).
  • 2-3 anos (2).
 

 

Utilizamos cookies analíticas de terceiros para facilitarlle o uso da web e analizar o comportamento do usuario co obxecto de mellorar os nosos servizos. Entendemos que está conforme si continúa navegando no noso sitio web. Máis información sobre a nosa Política de Cookies aquí.

Acepto
Top