Un ano máis, rematámolo curso facendo un festival onde os nenos e nenas fixeron unha pequeña representación do musical de Peter Pan, na que non faltaron os protagonistas: Wendy e os seus irmáns, Peter e Campanilla, os indios, os piratas e os cocodrilos.
Fixérono moi ben, bailaron e comportáronse coma uns verdadeiros actores e actrices. E como colofón, os pequenos/as que terminaban o seu primeiro ciclo de educación, graduáronse con honras.
Podedes desfrutar das fotos nos seguintes links: Fotos Festival, Fotos detrás da escena.
Temas:EVENTOS
DATA DE PUBLICACIÓN:7/11/2019