Noticias

Outono e Inicio 1T 1-2

Comezamos un novo curso, e con el o Outono. Que mellor maneira de coñecelo que saíndo a pasear pola nosa escola a observar e  recoller  as follas que comezaron a caer das árbores.

Tamén fixemos un bonito mural coas cores do Outono e complementámolo cos froitos e follas que trouxeron os nen@s da casa.

Fotos: Outono_1-2

Tamén estarán dispoñibles todas as fotos da aula durante o curso no seguinte enlace: 
ANO ACADÉMICO 19/20 - 1-2 A

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:11/20/2019 12:00:00 AM

Festa da cor vermella

Durante toda a semana pasada, todas as actividades na Escola Infantil Abrente  estiveron relacionadas coa cor vermella, dado que é a cor que se está a traballar neste 1º trimestre.  Fixemos xogos, circuitos motores, pintamos… incluso un día viñemos vestidos con alguna prenda de cor vermello.

Fotos: vermello_0-1 ; vermello_1-2 ; vermello_2-3

Tamén estarán dispoñibles todas as fotos durante o curso no seguinte enlace: 
FOTOS

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:11/20/2019 12:00:00 AM

Outono e Inicio 1T 0-1

Este comezo de curso foi fantástico. As nenas e nenos da aula de bebés adaptáronse moi rápido e fixemos un montón de actividades moi divertidas: coñecemos a mascota "O poliño PO", manipulamos productos do Outono experimentando con eles e tivemos a nosa primeira sesión da cestiña dos tesouros.

Poderedes acceder ás fotos de cada unha das actividades nos seguintes enlaces:
Outono_1T, Po e o Outono, Cestiña dos tesouros

Tamén estarán dispoñibles todas as fotos da aula durante o curso no seguinte enlace: 
ANO ACADÉMICO 19/20 - 0-1 A

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:11/4/2019

Outono e Inicio 1T 2-3

Comezamos un novo curso, e con el o Outono. Que mellor maneira de coñecelo que saíndo a pasear pola nosa escola a observar e  recoller  as follas que comezaron a caer das árbores.

Tamén fixemos un bonito mural coas cores do Outono e complementámolo cos froitos e follas que trouxeron os nen@s da casa.

Fotos: Outono_2_3

Tamén estarán dispoñibles todas as fotos da aula durante o curso no seguinte enlace: 
ANO ACADÉMICO 19/20 - 2-3 A

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:11/4/2019

Degustación Outono 2-3 anos

Para coñecer os froitos do Outono, ademáis de observalos e tocalos, tamén os degustamos: castañas cocidas, noces, mazás, mandarinas, millo, granadas…

Fotos: Degustación_Outono

Tamén estarán dispoñibles todas as fotos da aula durante o curso no seguinte enlace: 
ANO ACADÉMICO 19/20 - 2-3 A

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:11/4/2019

Fin de verán: Aula Eli

Esta segunda quincena adicámola a coñecer un pouquiño Ámerica. Para iso fixemos diversas actividades como a degustación de fajitas e a elaboración de gorros mexicanos. Tamén escoitamos cancións típicas do continente.

Para rematar o verán celebramos unha gran festa onde cada aula se disfrazou dun traxe típico dun continente. Nos fumos unha tribu africana moi simpática! Pasámolo xenial.

FOTOS_América; FOTOS_Festa

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:9/4/2019

Fin de verán: Aula Rosi e Elisa

Estamos rematando o verán e seguimos viaxando, esta vez por América onde disfrutamos pintando a bandeira de Brasil, facendo gorros mexicanos, preparando e degustando fajitas e para finalizar celebramos unha gran festa disfrazados de mexicanos.

Pasámolo xenial tamén na terraza xogando coa espuma e coa nosa súper piscina e o noso amigo dino.

FOTOS_América; FOTOS_Xogos_de_Agua; FOTOS_Festa

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:9/4/2019

Fin de verán: Aula Almu e Patri

Esta última quincena descubrimos América. Fomos auténticos indios, fixemos a bandeira de EEUU, manipulamos o café colombiano e, de México, coñecemos ás súas fajitas e os seus gorros. Xogamos a unha divertida xincana con globos de auga e, para despedir o verán, celebramos unha gran festa disfrazándonos de diferentes culturas

Ademais, viñéronnos visitar os bombeiros, ensináronnos o seu camión mostrándonos como funciona. Logo molláronnos coas mangueiras e fixemos unha divertidísima festa da escuma.

FOTOS_América_Almu; FOTOS_América_Patri; FOTOS_Bombeiros; FOTOS_Festa

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:9/4/2019

África: Aula Eli

Esta primeira quincena de Agosto coñecemos algunhas cousas típicas de África, experimentamos coa area do deserto, creamos uns colares exipcios e xogamos a ser momias. Tamén disfrutamos escoitando música típica do continente. Foi moi divertido :)! FOTOS

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:8/26/2019 12:00:00 AM

África: Aula Rosi e Elisa

Esta primeira quincena pasamos por África: escoitamos cancións, fixemos a bandeira de Somalia, descubrimos Exipto pintando o sarcófago, decorámolo con pegatinas e disfrazámonos de momias. Puxemos  uns colares africanos feitos por nós e preparamos Ugali, unha comida típica africana. FOTOS

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:8/26/2019 12:00:00 AM

África: Aula Almu e Patri

Esta primeira quincena de agosto viaxamos a África, descubrimos Exipto coas súas momias e sarcófagos, experimentamos con especias e xogamos coa area do deserto. Fixemos un colar africano para introducirnos na súa cultura tocando tambores e cantando cancións típicas.

FOTOS-Aula-ALMUFOTOS-Aula-PATRI

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:8/26/2019 12:00:00 AM

Xogos de Auga 2-3 anos

Volvemos facer divertidos xogos de auga na aula. Fixemos area do deserto e recorremos o río Nilo. Tamén experimentamos con barro e pasámolo xenial. FOTOS

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:8/26/2019 12:00:00 AM

Italia - Francia: Aula Sol

Desfrutamos deste fermoso país, Italia, pintando e degustando xeados, elaborando con pasta a súa bandeira, e tamén pasamos por Francia pintando parte da torre Eiffel.

Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:8/16/2019 12:00:00 AM

Europa: Aulas Eli, Dori e Patri

AULA ELI
Esta segunda quincena adicámola a coñecer pequenas cousas de Europa, entre elas experimentamos con pasta italiana, vivenciamos o frío escandinavo e disfrutamos de diversos xogos e música típica. FOTOS

AULA DORI E PATRI
A segunda quincena de xullo viaxamos por Europa, cantamos cancións dos distintos países e gozamos cos seus bailes tocando a guitarra española que pintamos. Fixemos varios obradoiros de arte seguindo técnicas europeas e cociñamos unha riquísima pizza italiana
FOTOS

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:8/16/2019 12:00:00 AM

Obradoiro Cociña Asiática

Na segunda quincena de xullo fixemos unha degustación de tallaríns chinos. Empregamos os palillos e comemos sentadiños seguindo a tradición china. Estaban boísimos!. FOTOS

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:8/16/2019 12:00:00 AM

Xogos de Auga e Piscina

Co verán e a calor, o que apetece é un bo remollón, os nosos nenos/as desfrutaron de xogos de auga e piscina, uns bos chapuzóns e moita diversión

Fotos-aula-Sol, Fotos-aula-Dori-Patri

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:7/31/2019 12:00:00 AM

China: Aula Sol

Esta quincena adicamola a China, traballando os saúdos, degustando a súa comida, elaborando un fermoso dragón chino, un gorro, a súa bandeira e un tambor

Fotos-aula-Sol

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:7/31/2019 12:00:00 AM

Asia: Aulas Eli, Dori e Patri

Esta primeira quincena adicámola a Asia. Practicamos os saúdos e despedidas en novos idiomas (chino e hindi), comemos tallaríns con palillos, descubrimos bandeiras, letras chinas, maquillaxes e dragóns entre outros. Ademais de músicas e bailes.

Fotos: Aula-Eli, Aula-Dori-Patri

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:7/31/2019 12:00:00 AM

0-1 Anos 3º Trimestre

Rematamos este terceiro trimestre realizando un bonito obradoiro de arte relacionado co monstro de cores e Pollock. Tamén realizamos diversas actividades relacionadas cos animais e as emocións. Para rematar, levamos a cabo as últimas sesións do obradoiro musical , aula de experimentación e cestiña dos tesouros. Desfrutaron moitísimo!

Fotos: 
actividades1actividades2aula de experimentación, cestiña dos tesouros, obradoiro de arte, obradoiro musical

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:7/10/2019

Obradoiro de Arte

O tren da Arte chegou a escola infantil Abrente con Paul Klee e Joan Miró. Os nenos/as descubriron algunhas das súas obras, experimentando con diversas cores e técnicas plásticas diferentes. Cunha fermosa exposición, as nosas familias disfrutaron do noso “ARTE”.

Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:7/10/2019

Obradoiro Xardinería e aniversarios

¡Desfrutando e aprendendo na horta :) !

Ademais, durante este curso todos cumprimos xa os 3 anos! Parabéns para nós!!!

Fotos obradoiro de xardinería, Fotos aniversarios 1, Fotos aniversarios 2, Fotos aniversarios 3

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:7/10/2019

Verán 2019

Xa podedes acceder á información concernente á Programación de Verán nos seguintes links:

Menús e Programación

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:7/1/2019

IX Concurso “Cuidamos el Medio Ambiente”

Este ano participamos no IX Concurso Escolar “Cuidamos el Medio Ambiente” procurando introducir aos pequenos na educación ambiental e insistindo na importancia da reducción de plásticos. Para isto, realizamos un conto ilustrado con fotos dos pequen@s.
Este ano non puidemos gañar o consurso, pero si gañamos en concienciación medioambiental e desfrutamos moito na realización.
Esperemos que vos guste.

Poderedes acceder ao conto ilustrado aquí.

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:6/21/2019 12:00:00 AM

Obradoiro Xardinería

Cada neno trouxo da súa casa unha botella vacia de plástico, que reciclamos como macetas decorandoas de moitas cores, e plantamos as nosas plantas. Logo decoramos con elas o patio do cole “xa parece un patio cordobés”.
Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:6/2/2019

Convivencia 2-3 anos

Outro ano máis, a Escola Infantil Abrente procurou conciliar ás familias coa escola nunha xornada chea de momentos inesquecíbles. Fóra do horario escolar, achegáronse país, nais, algún irmán e incluso tíos e avós para participar e pasar un bo anaco cos máis pequenos e pequenas da casa.

Comezaron atopando toda a sala cuberta de follas de revista, tanto no chan coma pendurando do teito. Despois de bailar e xogar con elas, fixeron  unhas montañas por equipos procurando que quedasen o máis grande posible. Outro xogo consistíu en recoller bolas da cor do equipo e tiralas ata que se pegasen nunha tela de araña. O último xogo foi máis relaxante, pintaron nunha parede de film transparente ao son da música relaxante, e mentres gozaban cos pinceis, descubriron que a pintura era máxica xa que brillaba na oscuridade.

Despois de tanto traballo houbo unha merenda para coller folgos e acabamos gozando da obra “Os tres porquiños” en sombras que representaron as mestras.

Fotos1, Fotos2

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:5/27/2019 12:00:00 AM

Día da Nai 1-2 anos

Agasallamos as nosas nais cunha taza decorada polos nosos nenos/as onde lle puxemos un detalle doce como as nosas mamás.

Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:5/25/2019 12:00:00 AM

0-1 Anos 2º Trimestre

Neste segundo trimestre, como foi tan longo, deunos tempo a levar a cabo un montón de actividades onde os nenos/as o pasaron xenial. Entre elas destacar a semana do libro infantil, o taller de relaxación, onde en esta ocasión o disfrutaron moitísimo máis, e diversas actividades relacionadas coas distintas unidades didácticas nas cales experimentaron con pintura, texturas e diferentes materiais. Foi moi divertido!

Fotos: 
actividades1actividades2actividades3actividades4actividades5actividades6actividades7actividades8
actividades9, aula de experimentación, cestiña dos tesouros1, cestiña dos tesouros2, cestiña dos tesouros3, desfile de entroido, semana de entroido, semana do conto1, semana do conto2, obradoiro de relaxación1, obradoiro de relaxación2, obradoiro de relaxación3

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:5/7/2019

Contacontos

O 2 de abril é o día internacional do conto infantil e, para conmemorar este día, tivemos unha sesión contacontos feita polas profes. Os nenos quedaron abraiados cos contos e cos monicreques, atenderon todos dende o principio ata o final. Gústoulles moitísimo. Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:4/30/2019 12:00:00 AM

Día do Libro

Con motivo da celebración do libro infantil, preparamos o noso recuncho do conto onde durante unha semana, desfrutamos de contacontos, cos contos que previamente trouxeran da súa casa. Para completala, o día 2 de abril representamos un conto “O gato azul e a pata Tomasa” para que os nosos pais desfruten tamén. Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:4/30/2019 12:00:00 AM

Semana do Conto

Durante toda esta semana fomentamos inda máis a lectura con actividades varias. Cada neno trouxo o seu conto favorito da casa para compartir cos comprañeiros, contamos moitísimos contos nun novo ríncon adicado a lectura, visitamos a biblioteca do colexio e elaboramos uns marcapáxinas. Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:4/30/2019 12:00:00 AM

Psicomotricidade 2ºT

Os pequenos/as están a coñecer o seus corpos e aprendendo como funcionan. Aprenden a arrastrarse, saltar cos pes xuntos, sortear obstáculos e completar xincanas feitas para deportistas de elite. Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:4/26/2019 12:00:00 AM

Obradoiro de Música 2T

Neste segundo trimestre traballamos a estimulación musical temperá mediante a manipulación de diferentes materiais como tubos sonoros, teas, pelotas, pequenos instrumentos, e ata gozamos pintando ao ritmo da música.

Fotos Aula 0-1, Fotos Aula 1-2 Rosi, Fotos Aula 1-2 Sol, Fotos Aula 2-3 Almu, Fotos Aula 2-3 Dori

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:4/26/2019 12:00:00 AM

Estimulación temperá

Neste 2º trimestre seguimos xogando coas nosas familias. Reforzamos contidos: abrir- cerrar, arriba- abaixo, dentro – fóra, grande – pequeno, a cor vermella e azul pero tamén nos divertimos e bailamos.

Poderedes acceder ás fotos nos seguintes links: sesión 3, sesión 4, sesión 5

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:4/14/2019 12:00:00 AM

Día do Pai 2-3 ANOS

Quixemos ter un agarimo cos nosos país preparando un retrato e portarretrato moi orixinais feito por nós. Quedaron chulísimos.

Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:4/14/2019 12:00:00 AM

Obradoiro Xardinería 2-3 anos

Comezamos a primaveira prantando unas semillas de xirasois. Os nenos botaron a terra, prantaron as sementes y despois regaron ben. Agora so lles fai falta tempo para que crezcan as flores e vixiar que non as coman os caracois.

Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:4/14/2019 12:00:00 AM

Valentine's Day Biscuits

Celebramos o día de San Valentín facendo unhas riquísimas galletas con forma de corazón. Elaborámolas na clase de inglés, e empaquetámolas con moito agarimo para compartir coas nosas familias cunha bonita mensaxe “I love you”. Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:2/28/2019 12:00:00 AM

Obradoiro do pan

Qué divertido! Xogamos a ser panadeiros, misturamos os ingredientes e amasamos. Fixemos bolas e churros, grandes e pequenos. Rematamos degustando os nosos boliños de pan. Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:2/28/2019 12:00:00 AM

Estimulación temperá

AULA 1-2. Estimulacion temperá. Comezamos no primeiro trimestre co obradoiro de estimulación temperá, nel os nen@s poden disfrutar do aprendizaxe na compaña das súas familias. Aquí podedes ver fotos das dúas primeiras sesións. SESIÓN 1. SESIÓN 2.

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:2/14/2019 12:00:00 AM

"De Tendas"

Os nenos e nenas das aulas de 2 anos están a aprender, a través do xogo simbólico os oficios e as tendas que pode haber no noso pobo, dende a froitería, panadería, carnicería… hasta a tenda de roupa ou móbiles.

Fomos de tendas para aprender a MERCAR e a VENDER onde os meniñ@s fixeron de vendedores e de clientes, respectando cada un, o rol que lle tocaba nese momento.

En ningunha tenda, falta de nada ( todo tipo de froitas, pescados, mariscos, carnes, queixos, pan, plantas, roupa, calzado, teléfonos), ata hai máquina rexistradora que emite billetes de euro!

Durante estas semanas pódese disfrutar deste mercado na entrada da Escola. Invitámosvos a darvos un paseíño polo noso mercado!

Mentras tanto aquí vos deixamos un adianto - Fotos

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:2/3/2019

0-1 Anos 1º Trimestre

Este primeiro trimestre os máis pequeniños da escola fixemos un montón de actividades: Coñecemos a nosa mascota "o poliño PO", os elementos principais do outono, experimentamos con eles, experimentamos coa pintura de dedos, coñecemos o xoguete preferido de PO: a pelota, e celebramos a semana da música entre outras diversas actividades.
Para rematar acabamos o trimestre celebrando o nadal cunha gran festa e disfrutando dun bonito concerto navideño. Pasámo-lo xenial. 

Poderedes acceder a todo o conxunto de fotos de aula 0-1 neste enlace.
Tamén poderedes acceder ás fotos de cada unha das actividades por separado:
Fotos-Actividades-de-aula , Fotos-TObradoiro-experimentación , Fotos-"Cestiña-dos-tesouros" , Fotos-Nadal

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:12/27/2018 12:00:00 AM

1-2 Anos 1º Trimestre

Comezamos a aventura entre vágoas e risas pero moi pronto so eran risas. Coñezemos ás nosas mascotas Next e Bebi e traballamos a unidade didáctica, o outono, obradoiro de música, xogo heurístíco, o inglés, a experimentación e a psicomotricidade. Tamén celebramos o samaín e para rematar o trimestre asistimos ó concerto de nadal e organizamos unha chocolatada. 

Poderedes acceder a todo o conxunto de fotos de aula 1-2 neste enlace.
Tamén poderedes acceder ás fotos de cada unha das actividades por separado:
Fotos-Unidade-didáctica, Fotos-outono, Fotos-xogo-heurístico-1Fotos-xogo-heurístico-2, Fotos-obradoiro-experimentación , Fotos-Psicomotricidadade, Fotos-Nadal

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:12/27/2018 12:00:00 AM

2-3 Anos 1º Trimestre

Durante este primeiro trimestre fúmonos coñecendo, os nen@s, as mestras e Colorín. Xogamos no parque, exploramos o entorno, recollemos as follas porque o Outono xa chegou. Tamén traballamos na aula, coas novas tecnoloxías (sacamos fotos das nosas expresións, xogamos coas pantallas dixitais, debuxamos), arrugamos papeis, pintamos, traballamos a psicomotricidade e experimentamos na aula de experimentación… e como non, movémonos moito. 

Poderedes acceder a todo o conxunto de fotos de aula 2-3 neste enlace.
Tamén poderedes acceder ás fotos de cada unha das actividades por separado:
Fotos-Actividades , Fotos-experimentación-ALMUFotos-experimentación-DORI, Fotos-Outono , Fotos-Novas-tecnoloxías , Fotos - Psicomotricidade , Fotos-Arte , Fotos-Nadal

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:12/27/2018 12:00:00 AM

Obradoiro de Música

O longo do primeiro trimestre coñecemos varios instrumentos e os sons de cada un deles, así como experimentamos as diferentes sensacións que estes nos transmiten. 
Fotos-Obradoiro-de-música

Temas:ACTIVIDADES
DATA DE PUBLICACIÓN:12/27/2018 12:00:00 AM