Nome con cunchas
O primeiro paso foi pintar as cunchas; empregamos unha técnica moi divertida, metemos as cunchas con pintura nunha bolsa e axitamos! Despois fixemos un churro con arcilla e lle demos forma según a inicial do noso nome. Por último, pegamos as cunchas neste churro e o resultado foi ter a nosa inicial cunha decoración chulísima.
Trazo con cunchas
Empregamos as cunchas para facer cadrados, triángulos, círculos e liñas. Cada un de nós escolleu a figura que quería representar.
Xogos de auga
Como o tempo non estivo moi bo e non puidemos ir a piscina, fixemos xogos de auga na aula. Pasámolo xenial! E nada nos impediu empaparnos :)
Shark Postcard
Cun trozo de periódico e empregando diferentes técnicas con papeis azuis fixemos unha divertida postal de tiburón.
Find your Nemo
Pintamos un peixe de cor laranxa e logo lle pegamos a nosa cara para ter peixes personalizados. Logo plastificamos estes peixes para poñelos a nadar en tinas e así buscar e pescar o noso peixe.
Find_Dori; Cunchas_Almu; Cunchas_Dori; Tiburón_Dori; Trazo_Almu; Trazo_Dori; Xogos_Almu; Xogos_Dori
DATA DE PUBLICACIÓN:7/23/2021