Obradoiro primavera
Comezou a primavera! Para celebralo fomos recoller flores ó patio e fixemos un obradoiro de pintura e estampación dunha paisaxe primaveral.
Obradoiro xirasois
Empregando envases de iogur experimentamos coa terra e plantamos unha semente; estamos regándoa todos os días e pronto a transplantaremos á nosa horta para seguir vendo como crece e descubir cal é a flor que aparecerá.
Semana do libro
Celebramos a semana do libro indo de visita á biblioteca onde lemos contos, experimentamos coa mesa de luz e xogamos con marionetas; tamén fixemos un mural con fotos cos nosos contos favoritos e fixemos un marcapáxinas con personaxes de contos.
Foto_primavAlmu; Foto_primavDori; Foto_xirasAlmu; Foto_xirasDori; Foto_libroAlmu; Foto_libroDori,
DATA DE PUBLICACIÓN:5/7/2021