Noticias

ACTIVIDADES 2 ANOS

Xa comezou a época de Nadal e xa temos toda a escola infantil decorada para a ocasión. Fixemos uns calcetíns navideños para decorar a aula e pintamos estrelas, árbores… e por suposto cantamos moitas panxoliñas coas nosas pandeiretas. Estivemos traballando tamén a familia e o círculo. Traballamos o círculo con dous obradoiros: o de cociña decorando unha galleta e o de arte onde collemos de referencia as obras de Yayoi Kusama. Nestas semanas tamén aprendemos a quitar fotos coa cámara e a tablet. E coma sempre o seguimos pasando xenial en psicomotricidade, en inglés e noutras moitas actividades que fixemos na aula.

Nadal_Almu; Nadal_Patri; Arte_Almu; Arte_Patri, obradoiro_cociña; Psicom_Patri; Psicom_Almu

DATA DE PUBLICACIÓN:12/15/2020