Fotos

INICIO CURSO

          Estimadas familias :

Comezamos un novo curso con moita ilusión (canto estrañamos aos nosos alumnos), pero non podemos esquecer as circunstancias de esta nova situación da COVID-19 que nos fixo establecer protocolos adaptados os establecidos polas autoridades sanitarias e a Consellería de Política Social,  para poder levar a cabo a atención educativa dos vosos fillos nas condicións mais seguras.

A pesar de que non está sendo fácil xestionar esta situación, puxemos todas as nosas ilusións  e medios para adaptarnos á esta nova realidade, sabendo que non existe  unha garantía de cero contaxios. Pero entre todos (familias, educadoras e toda a comunidade educativa) vamos a intentar facelo o mellor posible e saír airosos desta situación.

Sen esquecernos  de : xogar, contar contos, cantar, facer actividades e levar moita alegría os nosos cativos.